Alexander Alexandrovich Fadeyev

Alexander Alexandrovich Fadeyev, nado o 24 de decembro de 1901 e finado o 13 de maio de 1956, foi un escritor soviético, representante do realismo socialista, e un dos cofundadores da Unión de Escritores Soviéticos e o seu presidente de 1946 a 1954.

Infotaula de personaAlexander Alexandrovich Fadeyev

(1952) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Алекса́ндр Фаде́ев Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1901 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Kimry, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de maio de 1956 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Peredelkino, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor em Wikidata
Membro do Conselho Supremo da Unión Soviética
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaQ56397230 Traducir (1941–1942) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeImperio Ruso
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , figura pública , xornalista , político , correspondente de guerra Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1923 Editar o valor em Wikidata - 1956 Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética (1918–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoProsa, novela, novela curta, conto, sketch story (en) Traducir e xornalismo de opinión Editar o valor em Wikidata
MovementoRealismo socialista Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioБулыга Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Participou en
5 de outubro de 195219º Congresso do Partido Comunista da União Soviética (pt) Traducir
10 de marzo de 193918th Congress of the All-Union Communist Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAngelina Iossifowna Stepanowa (pt) Traducir (1936–)
Valeria Gerasimova (en) Traducir (–1932) Editar o valor em Wikidata
FillosMasha Enzenberger (en) Traducir
 () Margarita Aliger (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiQ21843965 Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0264923 Find a Grave: 9118248 Editar o valor em Wikidata
Selo soviético dedicado a Fadeyev.

Traxectoria editar

Fadeyev naceu en Kimry, no Oblast de Tver. Desde 1908 a 1912 viviu en Chuguyevka (Krai de Primorsky). Ingresou no movemento guerrilleiro que se enfrontou á intervención xaponesa e ao Exército Branco durante a guerra civil. Influenciado por Lev Tolstoi[1] en 1927 publicou a novela Razgrom (A desfeita), na que describe á mocidade guerrilleira. En 1929 publicou a primeira parte da novela Poslednii iz udege (O derradeiro dos udege), na que continuaría traballando todo o resto da súa vida (aínda que quedou sen rematar, unha edición contendo o segundo volume publicouse en 1940[2]). Na obra, Fadeyev, intentou mostrar que "un pobo extremadamente primitivo podía experimentar un salto desde o comunismo tribal cara unha organización colectiva complexa propia do século XX, saltando etapas históricas como a da familia, propiedade privada, escravitude, feudalismo, capitalismo e socialismo; na novela están algunhas das mellores páxinas escritas por Fadeyev."[3]

En 1945 escribiu a novela, Molodaya gvardiya (baseada en feitos reais ocorridos na segunda guerra mundial) sobre o movemento de resistencia antifascista da Komsomol Garda Moza, organización que loitou contra os nazis na cidade ocupada de Krasnodon (Ucraína). Por esta novela recibiu o Premio Stalin (1946). En 1948 realizouse un filme soviético baseado no libro, malia todo en 1951 apareceu unha nova edición na que Fadeyev corrixía a obra seguindo algunhas críticas que o acusaban de non amosar ben o liderado do Partido Comunista na loita contra a ocupación alemá.

Fadeyev foi un executor fiel no campo literario dos mandados do goberno de Iosif Stalin e nos anos 1940 participou activamente o Zhdanovshchina, unha campaña de crítica e persecución contra escritores e compositores acusados de non seguir a liña do partido. Nos últimos anos da súa vida caeu no alcoholismo, suicidándose na súa dacha de Peredelkino, deixando unha carta denotando actitudes negativas cara aos novos líderes do partido trala morte de Stalin.

Notas editar

  1. VV.AA. The Houghton Mifflin dictionary of biography: Houghton Mifflin Harcourt, 2003, páxina 512
  2. Роман Фадеева «Последний из удэге» Arquivado 18 de agosto de 2017 en Wayback Machine..
  3. Edward J. Brown, Russian Literature Since the Revolution: Revised and Enlarged Edition (Harvard University Press, 1982: ISBN 0-674-78204-6), p. 138.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar