Alex Carapetis, nado en 1982 en Adelaide, Australia, é un batería coñecido por ter tocado coa banda de rock industrial estadounidense Nine Inch Nails.

Infotaula de personaAlex Carapetis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de abril de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Adelaida, Australia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbatería Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2004 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica rock e new wave Editar o valor em Wikidata
InstrumentoInstrumento de percusión e Batería Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: d735f972-f612-49e6-8815-f32994dad1af Discogs: 408108 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carapetis comezou a tocar a batería aos nove anos. Despois de estudar jazz no Adelaide Conservatorium durante un ano no 2000 trasladouse a Sydney para continuar a súa carreira musical. Entre os anos 2004 e 2005 xirou con Jimmy Barnes por Australia e Nova Zelandia e en xullo do 2005 tocou con Delta Goodrem na Delta's Visualise Tour. Tamén traballou con Ian Moss, Diesel, Nathan Cavaleri e Teenager.

No mes de outubro do 2005 Trent Reznor contratou a Carapetis para xirar con Nine Inch Nails debido aos problemas de súde de Jerome Dillon. A súa elección foi unha sorpresa para moitos seareiros xa que non era moi coñecido nesas datas e nunca antes traballara coa banda. En decembro do 2005 foi substituído polo antigo batería Josh Freese.

Alex foi o batería de xira de Julian Casablancas, vocalista de The Strokes, na súa xira de promoción do seu álbum en solitario Phrazes for the Young.

Carapetis é tamén un dos dous baterías, o outro é Dominic Howard de Muse, no grupo Vicky Cryer, que editou o seu primeiro álbum, The Synthetic Love of Emotional Engineering, en abril de 2013.

O seu último proxecto é a banda Julian Casablancas + The Voidz. O seu traballo de estrea, Tyranny, foi publicado o 23 de setembro de 2014.