Alex Bunbury

futbolista canadense

Alexander ("Alex") Bunbury (nado o 18 de xuño de 1967 en Plaisance, Güiana) é un exfutbolista profesional canadense. Como dianteiro do CS Marítimo portugués, bateu tódolos récords ao marcar 59 goles en 165 partidos durante a súa estadía no club. Ademais, participou na Selección canadense, coa que marcou 17 goles.

Alex Bunbury
Información persoal
Nacemento 18 de xuño de 1967
Lugar de nacemento Plaisance
Altura 186 centímetros
Posición dianteiro, dianteira
Na rede
FIFA: 47054 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Alex xogou como futbolista profesional durante 15 anos en Inglaterra, Portugal, o Canadá e os Estados Unidos, criándose orixinalmente en Hamilton, Ontario. Bunbury comezou a súa carreira profesional xogando cos Hamilton Steelers (1987-90), Toronto Blizzard e Montreal Supra da (antiga) Canadian Soccer League. El foi suplente no club inglés do West Ham United, onde xogou tan só seis encontros en tódalas competicións co equipo.

Bunbury foise ao CS Marítimo en 1993 onde se estableceu durante seis tempadas como un dos máis coñecidos goleadores estranxeiros da SuperLiga durante os anos 90, cariñosamente coñecido como Alex polos seareiros do equipo. Bunbury gañou o premio ao Xogador Estranxeiro do Ano en Portugal tras a tempada 1994-1995.

En 1999, Bunbury solicitou ser trasladado para estar próximo á súa casa de Montreal e foi vendido, uníndose á Major League Soccer atopando un oco no Kansas City Wizards, dos Estados Unidos. Unha lesión de nocello forzou á súa retirada tras case dous anos no Kansas City, co que marcou catro goles en 24 partidos. Bunbury foi introducido no Salón da Fama do fútbol canadense en abril de 2006. arranxo a tradución

Carreira como adestrador editar

Bunbury actualmente adestra ao Bangu FC de Minnesota (Estados Unidos).

Persoal editar

Desde o seu retiro, Bunbury e os seus tres fillos mudáronse a Prior Lake, Minnesota, onde Bunbury comezou a súa carreira como adestrador. Tivo coa súa muller Kristi unha filla, Kylie, e tres fillos, Logan, Mateo e Teal. Teal xoga ao fútbol no equipo da Universidade de Akron.

Clubs editar

Club País Ano
Hamilton Steelers   Canadá 1987-1990
Toronto Blizzard   Canadá 1990
Supra Montréal   Canadá 1991
West Ham United   Inglaterra 1992-1993
CS Marítimo   Portugal 1993-1999
Kansas City Wizards   Estados Unidos 1999-2000

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar