Alexánder Doval Expósito

político galego

Alexánder Doval Expósito, nado en Sigüeiro, no concello de Oroso, o 8 de novembro de 1990, é un político e avogado galego pertencente ao Partido Popular de Galicia, alcalde de Oroso dende xuño de 2023.

Infotaula de personaAlexánder Doval Expósito
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1990 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Oroso, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Oroso
2023 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Oroso, fillo de pai periodista e nai economista, neto do músico Ricardo Doval Doldán, propietario da Orquestra Los Satélites durante máis de 40 anos.

Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela e en Dereito pola Universidade da Coruña,[1] fixo un mestrado en Asesoría Xurídica de Empresa nesta última universidade e MBA (Master Bussines Administration; Mestrado en Administración de Negocios) no IECE.

Está afiliado ao PPdeG dende o ano 2007 e foi presidente de Novas Xeracións de Galicia en Oroso entre 2008 e 2017, e membro das Xuntas Directivas de Novas Xeracións provincial, rexional e estatal.

En 2011, converteuse ne concelleiro en Oroso, e foi o voceiro do PPdeG no concello dende 2015. Tamén en 2011, entrou na dirección provincial do PP.

Nas eleccións municipais de 2023, obtivo unha ampla maioría absoluta recuperando á alcaldía de Oroso, tras algo máis de dúas décadas en mans do PSdeG-PSOE, converténdose en xuño de 2023 en alcalde de Oroso.[2]

Entre outros cargos ostenta o da presidencia da Asociación de Concellos da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, membro da Comisión de Fondos Europeos da FEMP, Vicepresidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e membro da directiva da Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

Notas editar

  1. Arca, O.P. (2 de xuño de 2023). "Álex Doval, futuro alcalde de Oroso: «A gratuidade da AP-9 de Sigüeiro a Santiago é a alternativa á variante da N-550»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 3 de maio de 2024. 
  2. Gago, Xosé; Placer, Laura (18 de xuño de 2023). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 6 de outubro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


Predecesor:
Luís Rey Villaverde
  
Alcalde de Oroso
 
2023 - ?
Sucesor:
no cargo