Alert era o asentamento permanente máis setentrional da Terra, localizado no nordeste da Illa Ellesmere no Mar de Lincoln, Nunavut, Canadá. Segundo o censo de 2006 tiña 5 habitantes permanentes,[1] mais no censo de 2021 xa non tiña poboación permanente.[2]

Modelo:Xeografía políticaAlert, Nunavut
Imaxe

Nomeado en referencia aHMS Alert (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 82°29′56″N 62°21′09″O / 82.499, -62.3524Coordenadas: 82°29′56″N 62°21′09″O / 82.499, -62.3524
EstadoCanadá
TerritorioNunavut
Lista (pt) TraducirRegião de Qikiqtaaluk (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación62 (2016) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Bañado porMar de Lincoln (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude30,48 m Editar o valor em Wikidata
Creación9 de abril de 1950 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Mapa xeopolítico onde se localiza Alert

Características editar

Ademais de funcionarios e militares que residen só unha parte do ano. Posúe unha base militar canadense cunha estación meteorolóxica do Servizo de Meteoroloxía do Canadá. A estación ten unha estrada de 6 km de lonxitude até o aeroporto, e esta estrada, así como o aeroporto de Alert, tamén son a estrada e o aeroporto máis ao norte do mundo. O acceso ao sitio está moi regulado. A estación meteorolóxica tamén é lugar de investigacións do cambio climático e da contaminación no Ártico.

Clima editar

Alert ten un clima polar, extremadamente frío e seco, e está cuberta de neve 11 meses ao ano. O mes máis quente, xullo, ten unha temperatura media de 3,3 °C e a media anual de precipitacións é de só 153,8 mm. A maioría das precipitacións son en forma de neve e prodúcense entre xullo e setembro. Alert ve moi pouca neve durante o resto do ano, non obstante son moi frecuentes as xeadas.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar