Aleksandr Kalinin
Aleksandr (en ruso: Александр), nado como Avdei Diomidovich Kalinin (en ruso: Авдей Диомидович Калинин), nado o 25 de novembro de 1957 en Volgogrado (RSFS de Rusia), é un bispo da Igrexa vello-ortodoxa rusa, dirixente da mesma dende o 9 de maio de 2000; o 3 de marzo de 2002 foi elevado ao rango patriarcal, co título de «patriarca de Moscova e de toda Rusia».
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de novembro de 1957 (66 anos) Volgogrado, Rusia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Rusia |
Relixión | Velhos crentes (pt) e Antiga Igreja Ortodoxa Russa (pt) |
Educación | Moscow Theological Academy (en) |
Actividade | |
Ocupación | Arcebispo |
Lingua | Lingua rusa |
Premios |
Traxectoria editar
Primeiros anos editar
Naceu nunha familia de vellos crentes, da que saíran varios xerarcas da Igrexa ortodoxa do vello rito rusa. En 1977 graduouse pola Escola Técnica Ferroviaria de Volgogrado, e entre 1977 e 1979 fixo o servizo militar. Traballou durante varios meses, e posteriormente entrou no seminario teolóxico de Moscova, graduándose en 1983. Continuou os seus estudos na Academia Teolóxica de Moscova, da que se graduou en 1986 cun traballo dedicado ao metropolita de Moscova Cibrán.
A partir do 1 de setembro de 1983 foi secretario persoal do arcebispo Gennadii Antonov. O 11 de xaneiro de 1987 foi tonsurado monxe, tomando o nome de Aleksandr. O 14 de xaneiro do mesmo ano foi ordenado diácono, e o 6 de decembro foi ordenado sacerdote. En outubro de 1988 foi impulsor da canonización dos mártires seguidores de Avvakum Petrov e doutros vellos crentes do século XVII pola Igrexa vello-ortodoxa rusa.
En 1990 foi nomeado reitor da Escola Telóxica Vello-Ortodoxa de Novozybkov. O 15 de abril de 1992 foi nomeado abade do mosteiro da Santa Trindade de Kamenka. O 21 de setembro do mesmo ano foi elevado o rango de arquimandrita.
Episcopado editar
O 8 de febreiro de 1996 foi consagrado bispo titular de Briansk-Zlynkovskii polo arcebispo de Novozybkov Aristarkh Kalinin e polo bispo de Homieĺ Varnava Edigarev. En xuño do mesmo ano foi nomeado bispo auxiliar de Aristarkh Kalinin e transferido a Moscova, onde se converteu no xestor da eparquía.
Primado editar
Logo do pasamento de Aristarkh, o 7 de maio de 2000 foi elixido o seu sucesor, e entronizado o 9 de maio. En agosto do mesmo ano, tomou a decisión de trasladar a catedral dende Novozybkov a Moscova. En 2002 foi elevado ao rango patriarcal, co título de patriarca de Moscova e de toda Rusia.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- "Святейший Древлеправославный Патриарх Московский и всея Руси АЛЕКСАНДР (Biografía oficial)". Igrexa vello-ortodoxa rusa (ancient-orthodoxy.narod.ru) (en ruso).