Alejandro Rodríguez Lema

político galego

Alejandro Rodríguez Lema, nado en Calo (Vimianzo) o 1 de xaneiro de 1938 e finado no mesmo concello o 4 de xullo de 2020,[1] foi un político galego do PSdeG-PSOE. Foi alcalde de Vimianzo durante vinte e catro anos, entre 1987 e 2011.

Infotaula de personaAlejandro Rodríguez Lema
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1938 Editar o valor em Wikidata
Calo, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xullo de 2020 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Vimianzo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou a Venezuela en 1957, onde militou en Acción Democrática, xerme do Partido Socialista Democrático. Retornou en 1969 para novamente marchar a Suíza, e por un tempo estivo en Londres. A principios dos anos setenta retornou e montou unha tenda en Casais. Nas primeiras eleccións democráticas foi o número dous da candidatura do PSdeG-PSOE, ecabezada por Eduardo Lema Fernández, que a pesar de ter seis concelleiros estivo na oposición. Nas eleccións municipais de 1983 volveu ser o segundo da lista do PSdeG tras Lema, obtendo nesta ocasión a alcaldía e sendo nomeado tenente de alcalde. Nas municipais de 1987 volveu repetir o segundo posto na lista, pero ao dimitir Eduardo Lema como alcalde ás poucas semanas de ser elixido, foi elixido novo alcalde no mes de agosto.

Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 1991 e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas seguintes eleccións de 1995, 1999 e 2003 volveu revalidar a alcaldía por maioría absoluta. Foi deputado na Deputación da Coruña entre 2005 e 2007. Nas municipais de 2007 logrou novamente a alcaldía, pero nesta ocasión por maioría simple.

En marzo de 2009 foi expedientado pola executiva autonómica do PSdeG-PSOE por pedir que se non se votaba aos socialistas, se votase antes ao PPdeG que ao BNG nas eleccións ao Parlamento de Galicia ,[2] sendo en novembro dese mesmo ano definitivamente expulsado dado ó seu rexeitamento ás políticas de pactos da dirección do seu partido co Bloque Nacionalista Galego, partido o cal o sometía a unha dura oposición en Vimianzo e que incluso chegou a negociar un pacto co PPdeG en 2007 para afastalo da alcaldía[3].

En 2010 creou o partido Independientes por Vimianzo para afrontar as eleccións municipais de 2011[4] que acabaría por perder fronte o candidato do BNG Manuel Antelo, quen encabezou un pacto de goberno do PSdeG-PSOE. Non chegou a recollela acta de concelleiro e foi substituído na portavocía do partido pola súa sobriña Mónica Rodríguez Ordóñez.

En 2013 o partido que el lideraba foi un dos impulsores, xunto co PP e dous edís tránsfugas do PSdeG-PSOE, dunha moción de censura contra Manuel Antelo, que había roto o pacto cos socialistas en outubro de 2011. Esta iniciativa, encabezada por un dos edís exsocialistas, acabou por fracasar tras ser levada aos tribunais por irregularidades na súa tramitación[5].

Nunha entrevista en agosto de 2014, pese a seguir sen formar parte do partido, manifestou a súa confianza nos novos líderes socialistas a nivel nacional e autonómico, Pedro Sánchez e José Ramón Gómez Besteiro[6].

Nas eleccións municipais de 2015 a súa sobriña Mónica Rodríguez Ordóñez foi a candidata polas listas do partido independente á alcaldía do Concello[7]. En setembro dese mesmo ano anunciouse que el e máis o seu irmán Manuel serían xulgados por presuntos delitos de fraude e prevaricación administrativa por mor dun suposto concurso irregular e sobrecusto nas obras de construción da Casa da Cultural da capital municipal.[8][9].

En xullo de 2018 os membros de Independentes volveron ao PSdeG-PSOE, con Mónica Rodríguez Ordóñez como candidata para as eleccións municipais de 2019[10]. Finalmente, os socialistas lograron a vitoria e recuperaron a alcaldía vimiancesa.


Predecesor:
Eduardo Lema Fernández
  
Alcalde de Vimianzo
 
1987 - 2011
Sucesor:
Manuel Antelo Pazos

Vida persoal editar

En outubro de 2009 protagonizou unha discusión con dous axentes da Garda Civil despois dun accidente de tráfico padecido por unha terceira persoa. Este incidente acabou con denuncias mutuas.[11]

En abril de 2014 foi condenado por un delito de coaccións leves sobre a súa ex parella após a ruptura da relación sentimental que mantiñan.[12]

Notas editar

  1. adiós a Alejandro de Vimianzo
  2. Coruña, La Opinión de A. "El PSOE expedienta al alcalde de Vimianzo por pedir el voto para el PP - La Opinión A Coruña". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2016-06-25. 
  3. PP y BNG de Vimianzo iniciaron sus contactos y Mouzo ve posible un pacto en Corcubión
  4. Coruña, La Opinión de A. "El alcalde de Vimianzo lidera un partido independiente para ´seguir al mando´". Consultado o 2016-06-25. 
  5. "O alcalde ao que lle medraron os ananos - Praza Pública". Praza Pública. Consultado o 2016-06-27. 
  6. «El alcalde debe de tener la lengua podrida de mentir»
  7. Cerqueiro, Redacción QPC, Ubaldo (2015-05-07). "Eleccións #24M: 6 listas na procura da estabilidade en Vimianzo". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2016. Consultado o 2016-06-27. 
  8. J. V. L. La Voz de Galicia (6 de setembro de 2015). "El exalcalde de Vimianzo y su hermano irán al banquillo". Consultado o 25-06-2016. 
  9. Coruña, La Opinión de A. "Rodríguez Lema, exalcalde de Vimianzo, será juzgado por prevaricación y fraude". Consultado o 2016-06-25. 
  10. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/vimianzo/2018/07/15/independientes-vimianzo-regresa-psoe-siete-anos-despues/0003_201807C15C4991.htm
  11. "El alcalde de Vimianzo multa a dos guardias". Anosacosta - Portal Costa da Morte. 2009-10-29. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2016. Consultado o 2016-06-27. 
  12. J. V. Lado | La Voz de Galicia (30 de abril de 2014). "Condenado el exalcalde de Vimianzo por llamadas de tipo sexual a su expareja". Consultado o 25-06-2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar