Alejandro Puccio

xogador de rugby e criminal arxentino

Alejandro Rafael Puccio, nado en Buenos Aires en 1958 e finado en Avellaneda o 27 de xuño de 2008, foi un xogador de rugby arxentino. Internacional coa selección arxentina, paralelamente á súa carreira deportiva era secuestrador e membro dunha banda criminal (xunto con varios membros da súa familia) que se dedicaba a secuestrar, torturar e asasinar persoas adiñeiradas.[1][2]

Infotaula de personaAlejandro Puccio
Biografía
Nacemento(es) Alejandro Rafael Puccio Editar o valor em Wikidata
1958 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xuño de 2008 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Avellaneda, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de rugby Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor em Wikidata -
DeporteRugby Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoWinger (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiArquímedes Puccio (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era fillo de Arquímedes Puccio, contable, avogado e membro da Secretaría de Intelixencia do Estado (SIDE) da Arxentina durante a ditadura militar e de Epifanía Ángeles Calvo, profesora de contabilidade e matemáticas. Tiña catro irmáns: Silvia, Daniel (Maguila), Guillermo e Adriana.[2]

Xogaba de ala de tres cuartos no equipo de rugby do Club Atlético de San Isidro, co que debutou aos 19 anos, en 1977. Militou neste club ata a súa detención en 1985, e gañou tres veces o Torneo da URBA. Internacional coa selección arxentina, proclamouse campión do Campionato Suramericano de 1979.[3]

Actividades criminais editar

Xunto a outros membros da súa familia formaba unha banda criminal dedicada ao secuestro e á extorsión. Liderados polo seu pai, Arquímedes Puccio, secuestraron e asasinaron polo menos a tres empresarios arxentinos entre 1982 e 1985. Tamén secuestraron a unha muller que conseguiu salvar a súa vida cando os membros da familia foron detidos pola policía.

Ricardo Manoukian, de 24 anos e amigo de Alejandro, foi a primeira vítima coñecida do clan criminal, que o secuestrou o 22 de xullo de 1982 en San Isidro, Buenos Aires.[4] O 5 de maio de 1983 secuestraron a Eduardo Aulet, outro xogador de rugby. Aínda que as familias das vítimas pagaron os rescates, os dous mozos foron asasinados por membros da organización criminal.[4] En maio de 1984 tentaron secuestrar o empresario Emilio Naum na rúa a plena luz do día, pero debido á resistencia que este opuxo, acabaron por asasinalo alí mesmo.[5]

O seu pai, Arquímedes Puccio, foi detido pola División de Fraudes e Estafas da Policía Federal Arxentina o 23 de agosto de 1985 nunha estación de servizo, mentres extorsionaba por teléfono á familia de Nélida Bollini de Prado, que naquel momento estaba secuestrada no soto da súa casa. Alejandro foi detido o mesmo día cando se atopaba na casa coa súa moza, Mónica Sörvik, mestra de Educación Infantil.[6][4][7] No momento da súa detención, negou formar parte do clan e non creron na súa culpabilidade nin parte dos seus amigos nin a súa moza, que sempre o defenderon.[8]

O 8 de novembro dese mesmo ano, cando se dirixía a declarar no Palacio de Tribunais, intentou suicidarse saltando dende o quinto piso do interior do edificio.[1] Como consecuencia desta caída, sufriu durante o resto da súa vida unhas convulsións polas que foi medicado con antipsicóticos. O 26 de decembro de 1995 foi condenado a cadea perpetua.[1][6] Os primeiros anos foi visitado pola súa moza Mónica ata que el lle pediu que non fose máis. Máis tarde casou con Nancy Arrat, á quen coñeceu mentres estaba en prisión. No cárcere fíxose amigo íntimo do parricida e estafador Sergio Schoklender.[9] Nunca recoñeceu a súa responsabilidade nos feitos delituosos polos que foi condenado.

Permaneceu no cárcere ata o 7 de abril de 1997 cando quedou en liberdade segundo a lei 2x1, baixo unha fianza de medio millón de pesos.[10] Foi detido de novo o 28 de setembro de 1999.[1][6]

Despois de 22 anos de prisión no cárcere do partido de Florencio Varela, foille concedida a liberdade condicional en novembro de 2007. Morreu fóra do cárcere, en 2008, aos 49 anos, por mor dunha infección contraída nun hospital, onde fora ingresado por sufrir convulsións.[1][6] Ninguén asistiu ao seu velorio.[11]

Na cultura popular editar

En 2015 o xornalista Rodolfo Palacios publicou o seu libro "El Clan Puccio" que recolle longos testemuños do propio Arquímedes Puccio.[6] En agosto de 2015, o director de cine Pablo Trapero levou a historia ao cine no filme El Clan, con Guillermo Francella no papel de Arquímedes Puccio e Peter Lanzani no de Alejandro.[12]

Ademais, en setembro de 2015 estreouse en Telefe a miniserie Historia de un clan, dirixida por Luis Ortega e protagonizada por Alejandro Awada no papel de Arquímedes Puccio e Chino Darín como Alejandro.[13]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Murió Alejandro Puccio, integrante de un famoso clan de secuestradores" (en castelán). 30 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Martin, Hugo. "EL CLAN PUCCIO: “Arquímedes era un psicópata, pero toda la familia estaba enferma”" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2015. Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  3. "Alejandro Puccio". uar.com.ar (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2015. Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Aquella casa del terror" (en castelán). 18 de xullo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2015. Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  5. La Rosa Bonifacio, Erick (18 de decembro de 2020). "Clan Puccio: El crimen como negocio familiar" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2022. Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Jara, Fernanda (13 de xuño de 2015). "La vida de los Puccio, la familia que secuestraba gente en su casa" (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  7. América TV (27 de agosto de 2015). El hombre que atrapó a los Puccio (YouTube) (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  8. Amaya, Sol (2 de setembro de 2015). "Chapa Branca, ex compañero de rugby de Alejandro Puccio: "Fue un monstruo, un asesino, un traidor"" (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  9. Canal 26 (17 de agosto de 2015). HISTORIA DE UN CLAN MACABRO:LOS PUCCIO parte 1 (YouTube) (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  10. INFORME PUCCIO PARTE 1 (YouTube) (en castelán). 11 de agosto de 2015. Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  11. Cociffi, Gaby (15 de setembro de 2015). "El Clan Puccio, la verdadera historia". Revista Gente (en castelán) (2617): 10–22. 
  12. "“El clan”, la nueva película de Trapero, al Festival de Venecia". Clarín (en castelán). 29 de xullo de 2015. Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  13. "“Los Puccio, historia de un clan” el nuevo envío que llega en mayo" (en castelán). 15 de marzo de 2015. Consultado o 6 de xullo de 2022.