Alejandro Dopico Saleta
Alejandro Dopico Saleta, nado en Corme (Ponteceso) en 1907 e finado na Coruña o 9 de outubro de 1937, foi un mariñeiro e sindicalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 Ponteceso, España |
Morte | 9 de outubro de 1937 (29/30 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Mariñeiro. Membro das Juventudes Libertarias. Foi secretario de El Despertar Marítimo, Sindicato de Industrias Pesqueiras da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse. Foi un dos participantes da fuxida do Portiño. O 3 de marzo de 1937, cando intentaba escapar por mar a Francia foi arrestado no Portiño.[1][2][3] Xulgado en consello de guerra na Coruña o 5 de xuño,[4] foi condenado a morte. Foi pasado polas armas o 9 de outubro de 1937 con José García Vázquez, Salvador Domingo Lliso, Ramón Díaz Valeiro, Ramón González Canosa, Manuel Bergantiños Pose, Antonio Vidal González, Antonio Lorenzo García, Francisco Díaz Moreno, Luis Lafuente Naveira, Manuel Baldomir Vázquez, Ramiro Fontenla Andújar, Manuel Tellado Villar, José Rodríguez Serantes e Federico Rivadulla Gómez.[5][6]
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- A fuxida do Portiño. Historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra. 2009. ISBN 978-84-8341-306-7.
Ligazóns externas editar
- Alejandro Dopico Saleta na páxina web Nomes e Voces.