Alec Peters

baloncestista estadounidense

Alec Peters, nado o 13 de abril de 1995 en Washington, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 2,06 m xoga na posición de ala-pivote para o Olympiacos BC da A1 Ethniki e a Euroliga.

Alec Peters
Olympiacos  – No. 25
Información persoal
Nacemento 13 de abril de 1995 (29 anos)
Washington, Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
Instituto Washington (Washington, Illinois)
Universidade Valparaiso (2013–2017)
NBA Draft 2017 / Rolda: 2 / Elección: 54
Por Phoenix Suns
Carreira 2017−presente
Historial de equipos
Phoenix Suns (2017–2018)
Northern Arizona Suns (2017−2018)
CSKA Moscova (2018–2019)
Anadolu Efes (2019–2020)
Baskonia (2020–2022)
Olympiacos (2022–presente)

Traxectoria editar

Peters foi escollido na 54ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Phoenix Suns. O 18 de setembro de 2017, asinou oficialmente cos Suns.[1] Debutou coma profesional o 18 de outubro de 2017 contra os Portland Trail Blazers.

O 23 de xullo de 2018, Peters asinou co PBC CSKA Moscova da VTB United League.[2]

O 8 de xullo de 2019, Peters asinou un contrato dun ano co Anadolu Efes SK turco.[3]

O 10 de xullo de 2020, anunciouse a fichaxe de Peters polo Saski Baskonia da Liga ACB por dúas tempadas.[4]

O 10 de xullo de 2022, Peters asinou co Olympiacos BC da A1 Ethniki grega.[5]

Notas editar

  1. Phoenix Suns sign Alec Peters
  2. "Alec Peters joined CSKA". cskabasket.com. CSKA Moscova. 23 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2020. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  3. "Anadolu Efes officially sign Alec Peters". Sportando. 8 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2020. Consultado o 30 de xuño de 2020. 
  4. Alec Peters, nueva pieza para el juego interior de KIROLBET Baskonia
  5. Γραβιά, Τζένη; Γραβιά, Τζένη. "Παίκτης του Θρύλου ο Πίτερς". Olympiacos BC. Consultado o 2022-07-10. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar