Ale Galindo

futbolista español

Alejandro Galindo Valencia, coñecido como Ale Galindo, nado en El Puerto de Santa María o 9 de agosto de 1995, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Fuenlabrada, da Primeira División RFEF.

Galindo
Información persoal
Nome Alejandro Galindo Valencia
Nacemento 9 de agosto de 1995
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Fuenlabrada
Número 23
Carreira xuvenil
–2013 Cádiz
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2015 Cádiz B 24 (1)
2014 Cádiz 1 (0)
2015 Sevilla Atlético 4 (0)
2015–2016 Sevilla C 37 (6)
2016–2018 San Fernando 65 (3)
2018–2020 San Sebastián de los Reyes 47 (1)
2020–2021 Badalona 24 (1)
2021–2022 Costa Brava 27 (2)
2022–2023 Murcia 31 (0)
2023– Fuenlabrada 21 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 11 de febreiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse como futbolista na canteira do Cádiz CF e na tempada 2012/13, con 17 anos, formou parte do Cádiz B na Terceira División[1]. Despois de dúas tempadas no filial, na tempada 2014/15 incorporouse ao primeiro equipo na Segunda División B.

O 30 de xaneiro de 2015 fichou polo Sevilla Atlético, da Segunda División B, aínda que acabou xogando co segundo filial na Terceira División. Nos seguintes anos xogou en Segunda B, vestindo as camisetas do San Fernando, a UD Sanse e o Badalona. En 2021 pasou a militar na nova Primeira División RFEF, nas filas do Costa Brava primeiro e máis tarde no Murcia e no Fuenlabrada.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Ale Galindo, refuerzo para la medular" (en castelán). 24 de agosto de 2023. Consultado o 11 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar