Aldara Álvarez García
Aldara Álvarez García, nada en Vigo[1] en 1995, é unha debuxante galega máis coñecida polo nome artístico Anémona de Río. É a autora de Tam, o primeiro manga galego.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1995 (28/29 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | O Garaxe Hermético |
Actividade | |
Ocupación | debuxante de banda deseñada , ilustradora |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Traxectoria editar
Formouse na escola profesional de banda deseñada e ilustración O Garaxe Hermético. No último curso do Garaxe Hermético creou Tam, a personaxe protagonista da súa primeira obra publicada, que levou o Premio Fin de Curso 2017. Tam foi publicado por Retranca Editora en febreiro de 2018, e conta a historia dunha moza que recibe unha invitación para participar nunha cea de antigos estudantes. Segundo Fervenzas Literarias, Tam foi o quinto mellor libro de banda deseñada en galego do ano 2018.[3]
En decembro de 2019, converteuse na primeira gañadora do Premio O Garaxe Hermético de banda deseñada pola obra A proba de auga. Edicións Xerais publicou a obra na primavera de 2020.[4]
Obra editar
- Tam (2018)
- A proba de auga (2020)[4]
Notas editar
- ↑ Ciordia, Marisa (3 de marzo de 2018). "RADIO.- A playlist de Aldara, Anémona e TAM". PontevedraViva.com. Consultado o 5 de marzo de 2018.
- ↑ Redacción (12 de febreiro de 2018). "Anémona de Río, alumna do Garaxe Hermético, presenta o primeiro manga galego: 'Tam'". PontevedraViva.com. Consultado o 5 de marzo de 2018.
- ↑ Fervenzas literarias (ed.). "Mellor libro de banda deseñada. 2018". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 culturagalega.gal, ed. (9 de decembro de 2019). "Anémona de Río convértese na primeira gañadora do Premio O Garaxe Hermético". Consultado o 9 de decembro de 2019.