Alcedinos
Picapeixe pescador | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alcedo atthis | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Familias | |||||||||||
Os alcedinos (Alcedines) son unha suborde de aves Coraciiformes coñecidos popularmente coma picapeixes ou martiños peixeiros; coñécense unhas 90 especies clasificadas en tres familias estreitamente vencelladas. Caracterízanse por obter o seu alimento mergullándose en ríos e regatos e atrapando pequenos peixes, para o que fican pousados nalgunha póla até ver a súa presa.
Até 1990 considerábanse parte dunha mesma familia, os Alcedinidae. Estudos cromosómicos levaron a reclasificalos en tres familias, mais a análise cladística indica que os tres son monofiléticas respecto das restantes familias dos coraciformes, polo que se lles asignou unha suborde de seu.
Ligazóns externas editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alcedinos |