Alcaldes de Lugo
O alcalde de Lugo é a máxima autoridade política do Concello de Lugo. De acordo coa "Lei Orgánica 5/1985", de 19 de xuño, do "Réxime Electoral Xeral" [1](actualmente en vigor) o alcalde é elixido pola corporación municipal de concelleiros, que á súa vez son elixidos por sufraxio universal polos cidadáns e cidadás de Lugo con dereito a voto, mediante eleccións municipais celebradas cada catro anos. Na mesma sesión de constitución da corporación procédese á elección do alcalde, podendo ser candidatos todos os concelleiros que encabezan as correspondentes listas. É proclamado electo o candidato que obtén a maioría absoluta dos votos. Se ningún deles obtén esta maioría é proclamado alcalde o concelleiro que encabeza a lista máis votada.
Nas eleccións municipais de 2019, presentáronse as seguintes candidaturas, das que só catro están representadas na corporación:[2]
Candidatura | Votos | Porcentaxe | Concelleiros |
---|---|---|---|
Partido Popular (PP) | 15.611 | 32,44% | 10 |
Partidos dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE) | 12.731 | 26,45% | 8 |
Bloque Nacionalista Galego (BNG) | 7.873 | 16,36% | 5 |
Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía (C's) | 4.001 | 8,31% | 2 |
Podemos (Podemos) | 1.924 | 4% | 0 |
Coalición Electoral LUGONOVO-Mareas Locais | 1.335 | 2,77% | 0 |
Alternativa Cidadá de Esquerdas-Esquerda Unida-Equo (ACE-EU-EQUO) | 1.317 | 2,74% | 0 |
Vox (VOX) | 986 | 2,05% | 0 |
Compromiso por Galicia (CxG) | 631 | 1,31% | 0 |
GaliciaSempre (Ga-S) | 602 | 1,25% | 0 |
Foro Lugo Independiente (FLI) | 586 | 1,22% | 0 |
Converxencia 21 (C 21) | 34 | 0,07% | 0 |
A actual corporación municipal lucense está composta por 25 concelleiros e a alcaldesa da cidade dende 2015 é Lara Méndez do PSdeG-PSOE. A alcaldesa subtituíu, na anterior corporación, ao alcalde Xosé Clemente López Orozco que renunciou por mor de problemas xudiciais e políticos,[3] e revalidou a alcaldía nas municipais de 2019[4] apoiándose nun pacto de goberno cos 5 concelleiros do BNG para acada-la maioría absoluta.[5]
Alcaldes de Lugo dende a Restauración editar
Alcaldes de Lugo a partir do período democrático (1979 en adiante) editar
Período | Imaxe | Nome | Partido | Notas |
---|---|---|---|---|
1979-1983 | Xosé Novo Freire | UCD | ||
1983-1991 | Vicente Quiroga Rodríguez | Coalición Popular | En 1987, presentouse pola CPG. | |
1991-1995 | Tomás Notario Vacas | PP | 2º mandato | |
1995-1999 | Joaquín María García Díez | PP | ||
1999-2015 | Xosé Clemente López Orozco | PSdeG-PSOE | ||
2015-no cargo | Lara Méndez López | PSdeG-PSOE | Nas eleccións municipais de 2015 ía no segundo posto da lista do PSOE;
converteuse en alcaldesa logo da renuncia no número 1, Xosé Clemente López Orozco. |
Notas editar
- ↑ "Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General." (PDF). boe.es (en castelán). 19 de xuño de 1985. pp. 68–69. Consultado o 21 de agosto de 2020.
- ↑ "Consulta de resultados electorales. Maio 2019. Lugo". infoelectoral.mir.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26-03-2019. Consultado o 21-8-2020.
- ↑ Redacción (11 de xuño de 2015). "Orozco se retira para que Lara Méndez pueda ser alcaldesa de Lugo". vigoalminuto.com (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2020.
- ↑ Guntín, María M. (15 de xuño de 2019). "La socialista Lara Méndez repite como alcaldesa de Lugo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2020.
- ↑ Redacción (15 de xuño de 2019). "Lara Méndez investida alcaldesa de Lugo". elcorreogallego.es. Consultado o 21 de agosto de 2020.