Alcabre, Vigo

parroquia civil do concello de Vigo

Santa Baia de Alcabre é unha parroquia do concello de Vigo na comarca homónima. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 4.222 habitantes (2.001 homes e 2.221 mulleres). Limita coas parroquias de Bouzas, Coia, Comesaña e Navia e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André.[3] Ten 21 entidades de poboación, 3 lugares e 3.673 veciños (2013).

Alcabre
Igrexa nova de Santa Baia de Alcabre.
ConcelloVigo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°13′19″N 8°46′05″O / 42.222, -8.7681Coordenadas: 42°13′19″N 8°46′05″O / 42.222, -8.7681
Poboación4.222 hab. (2022)
Entidades de poboación21[1]
editar datos en Wikidata ]

As súas entidades de poboación son as seguintes: A Ameixeira (102), Barreiro (243), O Carregal (313), O Castañal (85), O Cruceiro (65), A Fonte (71), Fontes (27), Forte (34), A Garita (57), A Igrexa (405), A Millareira (90), Montana (104), O Muíño do Vento (107), A Pardaíña (19), As Pertegueiras (78), Roade (557), A Robaleira (57), A Sobreira (184), Turido (131), A Veiguiña (174) e Viña Grande (94). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): O Casaliño, Freixeiro e A Quiringosta.

Xeografía editar

Limita polo leste con Bouzas e Coia, polo sur con Santo André de Comesaña e Navia e polo oeste e norte coa Ría de Vigo.

É unha das parroquias máis pequenas. Está na costa, e caracterízase xeograficamente polo gran número de praias que alberga.

Patrimonio editar

Na contorna do Monte das Cruces (no que se toparon pezas líticas dos anos 6.500-4.500 a.c.) consérvanse tégulas, bases de columnas e muíños de man dun antigo asentamento romano.

Alberga un interesante conxunto relixioso do século XVIII, formado pola igrexa, a casa reitoral e o cemiterio. A nova igrexa de Santa Baia foi rematada no ano 1999 e, próximo a ela, atópase o pazo de Sensat construído na década de 1940. Tamén na parroquia atópase o Museo do mar de Galicia, construído sobre o castro da Punta do Muíño do Vento.

A praia de Fontes (famosa polos asasinatos de veciños despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936), acolle un monólito de homenaxe ás vítimas.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Alcabre editar

Lugares da parroquia de Alcabre no concello de Vigo (Pontevedra)

A Ameixeira | Barreiro | O Carregal | O Casaliño | O Castañal | O Cruceiro | A Fonte | Freixeiro | A Igrexa | A Millareira | Montana | O Muíño do Vento | A Pardaíña | As Pertegueiras | A Quiringosta | Roade | A Robaleira | A Sobreira | Turido | A Veiguiña | Viña Grande

Parroquias de Vigo editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar