Para a albumina do soro sanguíneo humano ver seroalbumina humana.

As albuminas[1] (palabra derivada do latín albumen, “clara de ovo”) son un tipo de proteínas globulares que se caracterizan por ser solubles en auga, moderadamente solubles en solucións salinas concentradas, e insolubles en alcohol, que se desnaturalizan con calor, e precipitan por saturación con (NH2)SO4, pero non con NaCl e sulfato magnésico.[2] Son proteínas simples, de carácter ácido, xeralmente ricas en ácido glutámico e aspártico, lisina e leucina e pobres en triptófano.[3][4] As albuminas encóntranse no plasma sanguíneo, leite, clara do ovo, músculo (mioalbuminas), e outros tecidos e fluídos, e mais en tecidos vexetais como os das sementes.[5][6] Non todas están relacionadas entre si, pero algunhas forman familias proteicas como a das seroalbuminas.

A seroalbumina humana é a albumina máis coñecida.

Principais albuminas editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para albumina.
  2. 2,0 2,1 Jabde, P.V. Text Book of General Physiology. Google books
  3. Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo I. Páxina 276. ISBN 84-7680-288-9 (da colección), 84.7680-288-7 (do tomo).
  4. The Free dictionary albumin
  5. Larousse 2000. Salvat. Tomo I. Páxina 167. ISBN 84-89898-50-2 (da colección); 84-89898-51-0 (do tomo).
  6. Merrian Webster dictionary Albumin
  7. Merriam Webster dictionary legumelin
  8. Thomas B. Osborne, Frederick W. Heyl. The pea (Pisum sativum) Hydrolysis of legumelin. J. Biol, Chem. 1908, 5:197-205.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar