Alberto López Jiménez

futbolista español

Alberto López Jiménez, nado en Granada o 27 de maio de 1995, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo no Lugo, da Primeira División RFEF.

Alberto López
Información persoal
Nome Alberto López Jiménez
Nacemento 27 de maio de 1995
Lugar de nacemento Granada
Altura 1,73 m.
Posición Lateral
Información de club
Club actual Lugo
Número 22
Carreira xuvenil
2011–2014 Málaga
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2019 Atlético Malagueño 158 (2)
2016–2017 Mallorca 2 (0)
2017 Murcia 2 (0)
2018–2019 Málaga 1 (0)
2019–2021 Recreativo Granada 41 (0)
2021–2023 Murcia 43 (0)
2023– Lugo 9 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de marzo de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse como futbolista na canteira do Málaga., na que ingresou aos 15 anos [1] Na tempada 2013/14 debutou co Atlético Malagueño na Tercera División, asentándose rapidamente na titularidade. Disputou preto dun cento de partidos co filial, do que foi capitán durante a tempada 2015/16.

En xullo de 2016 foi cedido ao Mallorca, da Segunda División.[2] Aínda que contaba con ficha do filial, chegou para xogar no primeiro equipo e competir pola titularidade do lateral dereito con Joan Oriol.[3] Con todo, non entrou nos plans do adestrador galego Fernando Vázquez, polo que non chegou a debutar co cadro principal, disputando pola contra dous partidos co Mallorca B na Segunda División B.[3] No mercado invernal deixou as Illas Baleares e foi cedido ao Real Murcia, tamén de Segunda B.[4]

Xogou só dous encontros co conxunto murciano antes de regresar ao Atlético Malagueño ao final da tempada. No filial do Málaga recuperou a titularidade, conseguindo o ascenso á Segunda B, e o 13 de maio de 2018 debutou co primeiro equipo na Primeira División. Foi na penúltima xornada de liga fronte ao Espanyol, encontro no que substituíu ao descanso ao seu compañeiro Diego González.[5] Continuou sendo un habitual do once titular do filial durante a tempada 2018/19, na que o equipo perdeu a categoría.

Entre 2019 e 2021 militou no Recreativo Granada, na Segunda División B, e a continuación xogou outros dous anos no Murcia, co que conseguiu un ascenso da Segunda RFEF á Primeira RFEF.[6] En xullo de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Lugo, tamén na Primeira Diivisión RFEF.[7]

Notas editar

  1. "Alberto López, un lateral zurdo al servicio de Vázquez y de Olaizola" (en castelán). 20 de xullo de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2024. 
  2. "Youth player, Alberto López loaned out to RCD Mallorca" (en inglés). 19 de xullo de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2024. 
  3. 3,0 3,1 "El enigma Alberto López" (en castelán). 10 de novembro de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2024. 
  4. "Alberto López, el último hombre del Real Murcia 2016/2017" (en castelán). 31 de xaneiro 2017. Consultado o 13 de marzo de 2024. 
  5. Torres, M. Carmen (13 de maio de 2018). "Festival goleador del Espanyol". Marca (en castelán). Consultado o 13 de marzo de 2024. 
  6. "La mitad de la plantilla del Real Murcia, con contrato en vigor" (en castelán). 1 de xuño de 2022. Consultado o 13 de marzo de 2024. 
  7. "Alberto López, nuevo jugador del CD Lugo" (en castelán). 21 de xullo de 2023. Consultado o 13 de marzo de 2024.