Alberte, antipapa

Alberte, nado en Atella e finado en Aversa en 1102, foi un bispo e cardeal italiano da diocese de Santa Rufina que foi elixido antipapa en xaneiro de 1101 pola facción imperial de Roma deseguido do arresto e encadeamento do antipapa Teodorico en contraposición ao papa Pascual II.

Infotaula de personaAlberte, antipapa
Biografía
Nacementoséculo XI Editar o valor em Wikidata
Atella (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1102 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Aversa Editar o valor em Wikidata
Cardeal
Antipapa Pascual II
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxe cristiano , sacerdote católico , bispo católico Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Pouco despois da súa elección unha multitude de xente entrou na igrexa na que se realizara a asemblea que o elixira, Alberte tentou refuxiarse na Basílica de San Marcelo pero foi feito prisioneiro e conducido xunta Pascual II quen o recluíu nunha torre e posteriormente no mosteiro de San Lourenzo de Aversa onde permaneceu como freire ata a súa morte.


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.