Albert Luque

futbolista español

Albert Luque Martos, nado o 11 de marzo de 1978 en Terrassa, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Albert Luque
Información persoal
Nome Albert Luque Martos
Nacemento 11 de marzo de 1978 (46 anos)
Lugar de nacemento Terrasa
Altura 1,83 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1991–1997 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1997–1999 Mallorca B 62 (25)
1998–2002 Mallorca 67 (24)
1999–2000Málaga (cedido) 23 (3)
2002–2005 Deportivo da Coruña 101 (26)
2005–2007 Newcastle United 21 (1)
2007–2009 Ajax 16 (4)
2008–2009Málaga (cedido) 32 (8)
2009–2011 Málaga 18 (1)
Total 340 (92)
Selección nacional
1998–2000 España sub-21 13 (3)
2000 España sub-23 2 (0)
2002–2005 España 18 (2)
Na rede
FIFA: 177921 UEFA: 48372 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Este xogador catalán formouse no FC Barcelona e no RCD Mallorca. No ano 2000 estivo cedido no Málaga onde apenas xogou pola gran competencia que existía alí con outro dianteiros coma Catanha, Edgar ou Darío Silva, aínda que deixou detalles do que chegaría a ser. Tras volver e despuntar no Mallorca, no ano 2002 foi traspado ao Deportivo da Coruña, club no que explotaría coma futbolista. A súa vida fóra dos terreos de xogo non foi exemplar xa que tivo unha liorta nun coñecido local de Santiago co portugués Hugo Costinha. Isto lle valeu para fichar polo Newcastle United no ano 2005, aínda que non tivo moita fortuna e as lesións non lle respectaron.

No verán de 2007, o Ajax de Amsterdam fíxose cos seus servizos. Tras unha tempada no equipo holandés foi traspado ao Málaga CF no verán de 2008, club no que xa xogara oito anos antes. Luque amosou o seu desexo de seguir no Málaga CF na tempada 2009-2010. O 4 de xaneiro de 2011, Luque rescindiu o seu contrato co club malacitano porque o adestrador Manuel Pellegrini non contaba con el para o resto da tempada e só disputou 85 minutos nos primeiros 17 partidos.

Selección nacional editar

O seu debut produciuse o 7 de xuño de 2002 nun partido no que España xogou contra Paraguai en Chonju (Corea do Sur), no Mundial de Fútbol de 2002, disputado en Corea do Sur e o Xapón.

Xogos Olímpicos editar