Albanel (do árabe vulgar al-banní, e este do árabe clásico al-banna’, "o que constrúe ou edifica") é un operario que realiza indistintamente traballos básicos de construción, como alzado de muros, paredes e tapias, colocación de cubertas e canalizacións de fluídos sen presión, enchido e nivelado de encofrados con formigón, preparación de cemento e outras tarefas de obra non especializadas.

Der Maurer (1880).

Tamén se refire ao que se dedica a traballo forzado. Ata o século XIX o oficio de albanelería era un oficio gremial. Para pertencer a el, o candidato debía ser presentado por un membro e ser aceptado formalmente como aprendiz. Unha vez dentro do gremio podía conseguir distintos graos ata chegar a mestre, que xa tiña unha consideración social importante. O Mestre de Albanelería era o responsable da execución das obras, supervisado unicamente polo arquitecto.

O 3 de maio celébrase o día do albanel (ao igual que o día da Santa Cruz), conmemorándose coa construción dunha cruz a partir dos sobrantes da obra, que se coloca na parte superior e máis alta. Ese mesmo día faise unha celebración á que se invitan aos familiares e amigos dos albaneis, onde o padriño é o propietario da edificación ou no seu defecto os enxeñeiros ou residentes da obra.

A tradición practícase en Europa desde a Idade Media.

A albanelería está considerada un dos traballos de maior risco.