Alba Guzmán

Escritora galega

Alba Guzmán Falcón, nada en Ourense o 24 de maio de 2003, é unha escritora galega.

Infotaula de personaAlba Guzmán

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de maio de 2003 Editar o valor em Wikidata (20 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiÓscar Guzmán Editar o valor em Wikidata

Facebook: alba.guzmanfalcon Instagram: albaguzzman Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fixo secundaria no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense. Estuda Enxeñaría Biomédica na Universidade de Vigo. Gañadora do certame Xuventude Crea de novela curta por Xoaniña de Deus,[1] con 19 anos xa levaba gañados premios en 22 certames literarios[2], entre os que destacan o de microrrelatos da Real Academia Galega[3], os Premios Minerva[4] ou o do Concello de Ames.[5]

Confesa nunha entrevista[6]:

Xa levo un par de anos adicándome a escribir e a ser un pouco activista cultural defendendo a literatura galega, pero realmente eu quero seguir adicándome á ciencia. Considérome unha persoa multidisciplinar, no colexio sempre che meten na cabeza que es de ciencias ou de letras, pero non, pódenche gustar as dúas cousas e non pasa nada, pódese ser escritora e enxeñeira.

Sobre a obra Xoaniña de Deus sinala[6]:

“Xoaniña de Deus” é a protagonista da novela, é unha muller que padece alzhéimer, e a obra supón unha especie de berro polas persoas que están a perder a memoria. Desenvólvese en capítulos curtos, que contan a historia que está a suceder no presente, e capítulos longos que son os diarios que Xoañiña vai escribindo para poder lembrar cousas e poder volver a lelas coma se fora a súa vida, e vainos descubrindo moitos personaxes, sentimentos de toda a súa vida, e as súas derrotas e vitorias.

Vida persoal editar

É filla de Óscar Guzmán.[7]

Publicacións editar

Notas editar

  1. "O certame Xuventude Crea 2021 premia un poemario de Brais Lamela e unha novela curta de Alba Guzmán". La Voz de Galicia. 2021-11-01. Consultado o 2022-10-19. 
  2. "Alba Guzmán: «Na escola, en lugar de baixar ao recreo ía a biblioteca para rescatar un libro»". La Voz de Galicia. 2022-01-17. Consultado o 2022-10-19. 
  3. Diario, Nós (2021-05-08). "Álex Gallego e Alba Guzmán gañan o IV Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal". Nós Diario. Consultado o 2022-10-19. 
  4. "Alba Guzmán e Lara Hernández son as gañadoras dos Premios Literios Minerva". peleteiro.com. Consultado o 2022-10-19. 
  5. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-10-19. 
  6. 6,0 6,1 Región, La (2021-11-19). "Alba Guzmán: “Gústame a ciencia, pódese ser escritora e enxeñeira”". La Región. Consultado o 2022-10-19. 
  7. "O pai e a filla que lograron o soño común de ser escritores". La Voz de Galicia. 2023-04-17. Consultado o 2023-04-17. 
  8. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-10-19. 
  9. "Con 19 anos e xa ten novela de Xerais". La Voz de Galicia. 2022-11-02. Consultado o 2022-11-03. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar