Alaska y Dinarama

Alaska e Dinarama (tamén Dinarama, Dinarama Alaska e Alaska Dinarama) foi un grupo de música pop español, formado por Alaska, Carlos Berlanga e Nacho Canut. A súa actividade desenvolveuse entre os anos 1982 e 1989, ano en que se disolveu trala realización de 5 gravacións e varios millóns discos vendidos. Publicaron cancións como Ni tu ni nadie e A quién le importa, que foi o seu maior éxito.

Alaska y Dinarama
OrixeMadrid, España
Período1982-1990
Xénero(s)pop
Selo(s) discográfico(s)EMI, Hispavox
MembrosOlvido Gara (Alaska)
Nacho Canut
Carlos Berlanga
Na rede
Musicbrainz: 32e5def8-6668-4459-bf21-643c0bde0de8 Discogs: 164803 Allmusic: mn0000512247 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dinarama naceu en 1983, creado por Carlos Berlanga, ao saír de Alaska y los Pegamoides. Ao pouco tempo uniuse Nacho Canut, consolidando Dinarama. Máis tarde Alaska uníase como vocalista, aínda que non estaban moi decididos ningunha das partes. Publicaron o seu primeiro álbum, Canciones Profanas baixo o nome de Dinarama Alaska. Del extráense singles como Rey del Glam, Crisis, Deja de Bailar ou o mítico Perlas Ensangrentadas.

Tras reestruturar o grupo como trío e chamándose xa Alaska y Dinarama sacan á venda o álbum Deseo Carnal, cunha produción moito máis elaborada por Nick Patrick. Este disco incluíu éxitos como Ni tu ni nadie e Como pudiste hacerme esto a mi. Nick Patrick acompañounos na produción dos seus dous seguintes álbums, No es pecado e Diez.

No es Pecado, que incluía A quien le importa e La funcionaria asesina, tiña un ton de estilo motown con chiscadelas a grupos como Hall and Oates ou as Supremes. O tema Alto! Prohibido pasar co que se abre o álbum, remite claramente ao éxito de The Supremes Stop! In the name of love. Os temas están compostos na súa maioría para a voz de Carlos Berlanga, polo que Alaska canta case todo o álbum en falsete. É por iso que moitos dos seus temas nunca se interpretaron en directo, centrando a propia xira do disco en temas dos seus álbums anteriores. A pesar de que Carlos Berlanga quedou moi orgulloso deste LP as vendas foron menores cás do anterior.

En 1987 sacaron seu cuarto LP Diez. O título lembraba os dez anos que levaba o trío xunto desde Kaka de Luxe. Tamén eran dez as pistas que incluía. Diez era unha especie de recompilación, que incluía dúas "caras B", seis novas versións e dous temas inéditos, que Berlanga compuxera con anterioridade. O primeiro single foi Bailando.

En 1989 publicaron o seu último álbum Fan Fatal. Carlos Berlanga estaba moito máis separado do trío e empezaron a ter problemas. Alaska e Nacho querían un disco de estilo Acid House, para o que contaron coa produción de Rebeldes sin pausa. A participación de Berlanga en Fan Fatal foi tan escasa ao principio que pensaron sacar o álbum baixo o nome de La Pandilla Vasura, e non como Alaska e Dinarama. Este disco máis electrónico foi como unha especie de transición a Fangoria, que se formou en 1990 cando Carlos Berlanga decidiu abandonar o grupo e empezar a súa carreira en solitario.

Aínda que Alaska y Dinarama non volveron como tal, en 1997 o trío volveu traballar xunto para o álbum de Carlos Berlanga Vía satélite alrededor de Carlos Berlanga, con letra e música de Berlanga e Canut e coros de Alaska. Igualmente pasou co seguinte álbum de Carlos Berlanga Impermeable no 2001.

Discografía editar

LP's

  • 1983 - Canciones profanas vendeu 40.000 copias en España
  • 1984 - Deseo carnal vendeu 500.000 copias en España e 1 500 000 en Latinoamérica
  • 1986 - No es pecado vendeu 250.000 copias en España e 1 300 000 en Latinoamérica
  • 1989 - Fan fatal vendeu 200.000 copias en España e non se editou en Latinoamérica

Álbums recompilatorios

Sinxelos

Ligazóns externas editar