Alan Anderson

baloncestista estadounidense

Alan Jeffery Anderson, nado o 18 de outubro de 1982 en Minneapolis, Minnesota, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Lakeland Magic da NBA G League.

Alan Anderson
Lakeland Magic – No. 6
Posición Escolta / Ala
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 16 de outubro de 1982 (41 anos)
Minneapolis, Minnesota
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Información da carreira
Instituto Edison (Minneapolis, Minnesota)
DeLaSalle (Minneapolis, Minnesota)
Universidade Michigan State (2001–2005)
Carreira dende 2005
Historial de equipos
Charlotte Bobcats (2005–2006)
Tulsa 66ers (2005–2006)
Charlotte Bobcats (2007)
Virtus Bologna (2007–2008)
Triumph Lyubertsy (2008)
KK Cibona (2008–2009)
Maccabi Tel Aviv (2009–2010)
New Mexico Thunderbirds (2010)
FC Barcelona (2010–2011)
Shandong Lions (2011–2012)
Canton Charge (2012)
Toronto Raptors (2012–2013)
Brooklyn Nets (2013–2015)
Washington Wizards (2015–2016)
Los Angeles Clippers (2016–2017)
Lakeland Magic (2018–presente)
Información en nba.com

Traxectoria profesional editar

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2005, Anderson asinou cos Charlotte Bobcats en agosto de 2005. Foi cortado polos Bobcats o 28 de novembro de 2006,[1] pero asinou de novo o 17 de marzo de 2007, para o remate da tempada 2006-07. Entre as dúas etapas, estivo xogando para os Tulsa 66ers da NBA Development League, nos que acadou 15.8 puntos por partido.[2]

O 21 de decembro de 2010, asinou co FC Barcelona, onde foi elixido mellor xogador da Copa do Rei da tempada 2010-11.

O 26 de marzo de 2012, Anderson asinou un contrato de dez días cos Toronto Raptors.[3] O 17 de abril de 2012, fichou cos Raptors para o resto da tempada 2011-12. Saíu de titular en 12 dos seus 17 partidos con Toronto, nos que fixo 9.6 puntos por encontro en 27.1 minutos. Asinou de novo cos Raptors o 30 de xullo de 2012.[4]

O 30 de xullo de 2013, Anderson asinou cos Brooklyn Nets.[5]

Notas editar

  1. "Bobcats add veteran swingman Anderson". ESPN.com. 28 de novembro de 2006. Consultado o 3 de xaneiro de 2013. 
  2. "After being waived, Anderson re-signs with Bobcats". ESPN.com. 17 de marzo de 2007. Consultado o 26 de xullo de 2013. 
  3. "Canton's Alan Anderson Signs With Toronto Raptors". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 26 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2015. Consultado o 3 de xaneiro de 2013. 
  4. "Raptors Sign Forward Alan Anderson". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 30 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2013. Consultado o 3 de xaneiro de 2013. 
  5. "Brooklyn Nets Sign Alan Anderson". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 30 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2014. Consultado o 30 de xullo de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar