Alacha
Sardinella aurita

Alacha
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Paracanthopterygii
Orde: Clupeiformes
Suborde: Clupeoidei
Familia: Clupeidae
Subfamilia: Clupeinae
Xénero: Sardinella
Especie: S. aurita
Nome binomial
Sardinella aurita
Valenciennes, 1847
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Alosa senegalensis Bennett, 1831
  • Clupanodon pseudohispanica (Poey, 1860)
  • Clupea allecia Rafinesque, 1810
  • Clupea aurovittata Swainson, 1838
  • Clupea caeruleovittata Richardson, 1846
  • Clupea venulosa Steinitz, 1927
  • Meletta mediterranea Valenciennes, 1847
  • Sardinella anchovia Valenciennes, 1847
  • Sardinella aurita mediterranea (Valenciennes, 1847)
  • Sardinella aurita terrasae Lozano-Rey, 1950
  • Sardinella euxina Antipa, 1906
  • Sardinella pinnula Bean, 1912
  • Sardinia pseudohispanica Poey, 1860

A alacha,[2] lacha,[3][4] sardinela lombuda,[4] ou sardinela atántica,[4], son varios dos nomes con que en Galicia se coñece a especie Sardinella aurita, Valenciennes 1847, peixe mariño da orde dos clupeiformes e familia dos clupeidos semellante á sardiña e á zamborca.

Características editar

Ten o corpo alongado, fusiforme, de ata 30 cm de lonxitude e coloración azulada cunha conspicula liña amarela ao longo dos flancos que frecuentemente desaparece despois de morto. Os adultos teñen unha pequena mancha negra característica detrás do opérculo e, frecuentemente, a punta da mandíbula, a lingua e a cámara branquial escuras.[5]

Hábitat e bioloxía editar

Vive no Atlántico oriental, desde o estreito de Xibraltar e o mar Mediterráneo (onde a súa presenza é esporádica) [5] ata Suráfrica, e no occidental, desde os Estados Unidos ata á Arxentina.

É unha especie peláxica, migradora, gregaria, que forma cardumes frecuentemente asociado ás sardiñas, buscando as augas máis frías e salgadas onde abunda o alimento; en verán, aproxímase ao litoral, e en inverno volve ás augas máis profundas de mar aberto.[5]

Interese pesqueiro e comercial editar

Péscase e comercialízae igual que a sardiña, pero a súa carne é menos graxa e ten numerosas espiñas longas e finas.[5]

Utilízase para a elaboración de conservas de sardiña, pero na etiquetaxe debe indicarse claramente o nome común e científico, para diferenciala ante o consumidor da sardiña verdadeira. Forma parte das denominadas conservas de produtos tipo sardiña xunto a unha longa lista de especies semellantes e comercializadas e presentadas de forma similar ás conservas de sardiña [6].

Notas editar

  1. Sardinella aurita Valenciennes, 1847 en WORMS.
  2. Ríos Panisse (1977), recolleu este nome na Guardia.
  3. Ríos Panisse, Op. cit., recolleu este nome en Pontedeuma, Noia, Abelleira, Muros e Ribeira.
  4. 4,0 4,1 4,2 Lahuerta e Vázquez (2000)
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Bauchot e Pras (1982), p. 99.
  6. Regulamento (CE) n° 1181/2003 da Comisión, de 2 de xullo de 2003, que modifica o Regulamento (CEE) n° 2136/89 do Consello, polo que se establecen normas comúns de comercialización para as conservas de sardiñas (DOUE L 165, de 3.07.2003) [1].

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0685-6.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar