Alaa al-Aswani

novelista exipcio

Alaa al-Aswany é un escritor exipcio nado en 1957.

Alaa al-Aswani
Nome completoعلاء عباس الأسواني
Nacemento26 de maio de 1957
Lugar de nacementoO Cairo
NacionalidadeExipto
RelixiónIslam
Alma máterUniversidade do Cairo e Universidade de Illinois Chicago
Ocupaciónescritor, odontólogo, novelista, guionista, escritor de contos, escritor de non ficción e activista político
Coñecido porO edifício Yacobián (novela), sen etiquetar e Jumhuriyat ka'an
Premioscabaleiro da orde das Artes e as Letras e Prêmio Johann Philipp Palm
Na rede
IMDB: nm1818131 Allocine: 154535
Facebook: AlaaAlAswanyAuthor Twitter: AlaaAswany Youtube: UCMH83DNDkapjiv-76UNGuCQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Alaa Al Aswany estudou a carreira de odontoloxía, primeiro en Exipto e máis tarde en Chicago (Estados Unidos). Finalizou a carreira na University of Illinois en Chicago, onde estableceu a súa residencia durante un tempo. En total morou 17 anos na cidade estadounidense.

Ademais de ser dentista e escritor, ten contribuído con numerosos artigos en xornais exipcios (moitos deles traducidos regularmente a xornais europeos e americanos), principalmente con temática social e política. A sociedade exipcia, a relación entre os distintos estratos sociais así como conflitos políticos, relixiosos e sexuais son a base da súa literatura.

Saltou á fama internacional trala publicación da súa segunda novela O edificio Yacoubian (Imārat Ya‘qūbiān -عمارة يعقوبيان) no ano 2003. Trátase dunha irónica descrición da sociedade exipcia moderna. En 2006 foi adaptada ó cinema e no 2007 á televisión. A súa terceira novela, Chicago (شيكاجو), publicouse en 2007. Se ben a práctica totalidade na novela discorre na cidade norteamericana, tamén é unha descrición da sociedade exipcia a través da numerosa colonia exipcia residente no estado americano de Illinois. Nesta novela, se cadra é máis crítico coa corrupción no seu país. A súa segunda novela foi un éxito de vendas en todo o mundo árabe, ocupando durante catro anos os postos de libros máis vendidos, sendo superado despois por Chicago.

Na actualidade, despois do éxito de vendas, segue a compaxinar o seu traballo de dentista co de escritor.