Al-Razí (historiadores)

Para o filósofo e médico persa de igual nome, ver Al-Razí.

Os Al-Razi foron unha familia de historiadores andalusís do emirato e califato de Córdoba dos séculos IX e X (III e IV da Héxira).

Proviñan dunha familia residente en Córdoba desde o século IX (II da Héxira), que prosperou grazas ao favor da dinastía dos Omeia.

Muhammad ibn Muza al-Razi (? - 890) iniciou a actividade cronística da familia cunha obra de historia e xenealoxía sobre a conquista da Península Ibérica polos musulmáns, o Kitāb al-rāyāt (Libro das bandeiras).

Ahmad ibn Muhammad al-Razi (887 - 955), seu fillo, coñecido en castelán como el moro Rasis, foi o autor da Ajbār mulūk Al-Andalus (Historia dos reis de Al-Ándalus, o libro máis divulgado polas fontes posteriores. A Crónica del Moro Rasis, como se coñece a súa obra, é abundantemente citada en De rebus Hispaniae (1243) do arcebispo de Toledo Rodrigo Jiménez de Rada.

Isa ibn Ahmad al-Razi, o seu fillo e continuador da súa obra, foi cronista do califa Al-Hakam II na segunda metade do século X (IV da Héxira).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Pons Boigues, Francisco, (1898): Los historiadores y geógrafos arábigo-españoles, 800-1450 A.D. Ensallo de un Diccionario bio-bibliográfico. Madrid. ISBN 84-7895-017-6; entradas nº 4 (Muhammad al-Razi), nº 23 (Ahmad ibn Muhammad al-Razi) e nº 41 (Isa al Razi).
  • Matesanz Gascón, Roberto, (2004): Omeyas, bizantinos y mozárabes. En torno a la "prehistoria fabulosa de España" de Ahmad al-Rāzī. Valladolid: Secretariado de Publicaciones e intercambio editorial de la Universidad de Valladolid. ISBN 84-8448-311-8.