Al-Murhiqūn

filme de 2023 dirixido por Amr Gamal

al-Murhiqūn (en árabe: المرهقون) é un filme iemení de 2023 dirixido por Amr Gamal. Trátase dunha coprodución entre o Iemen, o Sudán e Arabia Saudita. É o segundo filme do director iemení Amr Gamal, quen escribiu o guión xunto con Mazen Reaat. Estreouse na sección Panorama do Festival Internacional de Cinema de Berlín,[1][2] onde gañou o premio da Audiencia (segundo posto) e o premio Amnistía.[3] Con esta participación, converteuse no primeiro filme iemení en ser escollido oficialmente para a súa proxección na Berlinale.[4]

al-Murhiqūn
Ficha técnica
Título orixinalالمرهقون
DirectorAmr Gamal
ProdutorMohsen Alkhalifi
Amr Gamal
Amjad Abu Alala
GuiónAmr Gamal
Mazen Refaat
MúsicaChen Ming-chang
FotografíaMrinal Desai
MontaxeHeba Othman
EstudioAdenium Productions
DistribuidoraFilms Boutiques (Internacional)
MAD solutions (Oriente Medio)
EstreaFestival de Berlín: 2023
Duración91 minutos
Orixe Iemen
Sudán Sudán
Arabia Saudita
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt16611924 Allocine: 311490 Editar o valor em Wikidata

Foi escollido como candidato do Iemen para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[5] mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse editar

O filme conta unha historia real sobre unha parella iemení de clase media, Ahmed e Israa, e os seus tres fillos na cidade de Adén, Iemen, durante o ano 2019.[6] A historia comeza cando Israa descobre que está embarazada dun cuarto fillo, causando conmoción na parella que perdeu o seu traballo tras a guerra civil en 2015, que levou a unha crise económica paralizante no Iemen.[7]

Personaxes editar

  • Khaled Hamdan como Ahmed
  • Abeer Mohammed como Isra'a
  • Samah Alamrani como Muna
  • Islam Saleem como Anwar
  • Roaa Al-Hamshari como Nouran
  • Omar Elyas como Nawar

Notas editar

  1. Keslassy, Elsa (2022-12-15). "Films Boutique Boards Berlinale Panorama Movie 'The Burdened' (EXCLUSIVE)". Variety (en inglés). Consultado o 2023-09-06. 
  2. Odoj, Christin. "Berlinale-Panorama: Emotionaler Ausnahmezustand in »Al Murhaqoon«". nd-aktuell.de (en alemán). Consultado o 2023-09-06. 
  3. Zaveri, Rhythm (2023-03-01). "THE BURDENED wins Amnesty International Film Award, second place Audience Award in Berlinale's Panorama Section". Asian Movie Pulse (en inglés). Consultado o 2023-09-06. 
  4. Bałaga, Marta (2022-07-08). "'We Want to Tell Our Untold Stories,' Say the Creators of Yemeni Abortion Drama 'The Burdened'". Variety (en inglés). Consultado o 2023-09-06. 
  5. "8 Arab Films Join the Race for the 96th Academy Award for Best International Feature Film". Women of Egypt (en inglés). 1 de outubro de 2023. Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  6. south24 (2023-02-19). "The Burdened: The First South Yemeni Film Premieres in Berlin". South24 (en inglés). Consultado o 2023-09-06. 
  7. Solutions, M. A. D. "THE BURDENED sets a precedent for Yemeni cinema with a historic premiere at the Berlinale - MAD Distribution Films". mad-distribution.film (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2023.