Aitzina!

organización xuvenil da esquerda abertzale

Aitzina! ('Adiante!' en éuscaro) é unha organización política xuvenil encadrada na esquerda abertzale. Ten como ámbito de actuación Iparralde. O seu obxectivo é loitar por «unha Euskal Herria soberana e unha sociedade máis xusta e igualitaria».[1] Aitzina! naceu en Baiona (Lapurdi) en novembro de 2013, tras un proceso de confluencia da mocidade abertzale nos territorios vascos integrados no Estado francés: Lapurdi, Baixa Navarra e Zuberoa. Unha das súas principais reivindicacións é a oficialidade do éuscaro e a súa promoción e uso na vida pública.

Aitzina!
Logo
Tipoorganización xuvenil
Ideoloxíaesquerda abertzale e Euskaltzaletasun
Data de fundación2013
Data de disolución5 de outubro de 2020
SedeBaiona
Na rede
http://www.aitzina.eus/
editar datos en Wikidata ]

Á presentación pública acudiu Filipe Bidart, líder histórico da esquerda abertzale en Francia, así como representantes de Ernai, a súa organización homóloga en Euskadi e Navarra.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar