O Aironi Rugby foi un equipo italiano de rugby creado no ano 2010 para competir a nivel profesional dende a tempada 2010/11. Despois de dúas tempadas competindo na liga celta e na Copa de Europa, o equipo foi desfeito por razóns económicas, sendo substituído por outro equipo de nova creación, Zebre Rugby.

Aironi Rugby
NomeAironi Rugby
Alcume(s)Aironi
Fundación2010
SedeViadana
Estadio(s)Stadio Luigi Zaffanella
Capacidade5 500 persoas espectadores
PresidenteSilvano Melegari
AdestradorFranco Bernini
Capitán-
Anotador-
Ensaios-
Liga(s)Italiana Pro12
2011/1212º
Casa
Fóra
Na rede
http://www.aironirugby.eu
Twitter: Aironi_Rugby Editar o valor em Wikidata

Historia e características editar

O equipo xogaba os seus partidos como local no estadio Luigi Zaffanella da localidade italiana de Viadana, cuxa capacidade é para 5 500 persoas, aínda que estaba previsto que os partidos máis importantes se puidesen xogar no estadio Giglio de Reggio Emilia, cunha capacidade para 29 380 persoas.

As cores do equipo eran negro e prata no primeiro equipamento, branco e prata no segundo, e nos partidos de Heineken Cup vestían de cor verde. Adidas tiña un contrato para vestir ó equipo durante 4 anos.

A constitución do novo club realizouse sobre o núcleo do Rugby Viadana, coa colaboración dos 2 clubs cabeceiros da cidade de Parma e outros clubs italianos de rugby dunha menor entidade. O proxecto de constitución do club respondeu á oportunidade de introducir 2 equipos italianos na Liga celta de rugby, unha liga de rugby 100% profesional, que estivo composta ata a tempada 2009/10 por equipos de Irlanda, Gales e Escocia.

O obxectivo da Federación Italiana de Rugby era que os xogadores italianos non tivesen que emigrar a outras ligas, como a francesa, para competir ó máximo nivel europeo durante toda a tempada, e tamén que a selección italiana de rugby mellorase os seus resultados no torneo das 6 Nacións. Pola súa parte, a Liga Celta ampliaba o seu mercado a Italia.

Dado que tanto o Rugby Viadana e o Benetton Treviso (o outro equipo italiano que se incorporou á Magners League) abandonaban a liga italiana de rugby, esta perdeu a capacidade de clasificar cada ano ós seus mellores equipos para a Copa de Europa de rugby.

Aironi Rugby tiña garantida a súa presenza na Heineken Cup anualmente.

Ó cabo de dous anos con resultados deportivos moi pobres, a Federación Italiana de Rugby anunciou que a franquía era economicamente insostible, e tomou a decisión de que Aironi Rugby desaparecese. Atrás deixaba dúas participacións na Liga Celta rematando na última posición.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar