Airam Cabrera
Airam López Cabrera, coñecido como Airam, nado o 21 de outubro de 1987 en Puerto de la Cruz (Tenerife, Canarias), é un futbolista profesional español que actualmente xoga de dianteiro no Cádiz.
Airam | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Airam López Cabrera | ||
Nacemento | 21 de outubro de 1987 (36 anos) | ||
Lugar de nacemento | Puerto de la Cruz | ||
Altura | 1,80 m | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Cádiz | ||
Carreira xuvenil | |||
Tenerife | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2010 | Tenerife B | 74 | (51) |
2007–2008 | → Laguna (cedido) | 38 | (17) |
2010–2012 | Villarreal B | 48 | (9) |
2012 | Córdoba | 16 | (3) |
2012–2013 | Numancia | 13 | (1) |
2013 | Lugo | 18 | (3) |
2013– | Cádiz | ||
Total | 207 | (84) | |
Selección: actualizado a 30 de xullo de 2013[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Airam comezou a súa traxectoria no mundo do fútbol nas categorías inferiores do CD Tenerife,[1] onde estivo oito anos con dúas cesións (aos xuvenís de Los Llanos e ao Laguna). En terceira división, no terceiro equipo do Tenerife anotou nunha tempada 24 goles na Terceira División, mellorando o seu rexistro ao ano seguinte en Segunda B con 27, aínda que non consegue evitar o descenso do seu equipo, moi limitado para a categoría.
En 2010[2] asina como novo artilleiro do Villarreal B da Segunda División de cara á tempada 2010/11. O 31 de xaneiro de 2012, a falta de dúas horas para o peche do mercado invernal, e tras rescindir o seu contrato co equipo castellonense, fai oficial a súa fichaxe polo Córdoba CF, onde permanecería até o mes de xuño.
O 31 de xullo de 2012 confírmase a súa fichaxe polo CD Numancia de cara á tempada 2012-13, comezando unha nova tempada como diateiro do club soriano que dura até o 10 de xaneiro de 2013, onde tras non ter moita participación co equipo rescinde o seu contrato e asina co Club Deportivo Lugo da mesma categoría. O 30 de marzo de 2013 converteuse no primeiro xogador do Lugo en conseguir un hat-trick na Segunda División. Con todo, non volveu anotar ningún gol no resto da Liga, finalizando o seu contrato no Lugo, que non lle ofrece a renovación, e asinando co Cádiz da Segunda B.
Clubs editar
Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Laguna | Terceira | 2007-2008 | 38 | 17 |
Tenerife B | Terceira | 2008-2009 | 37 | 24 |
Tenerife B | Segunda B | 2009-2010 | 37 | 27 |
Villarreal B | Segunda | 2010-2011 | 30 | 5 |
Villarreal B | Segunda | 2011-2012 | 18 | 4 |
Córdoba | Segunda | 2012 | 16 | 3 |
Numancia | Segunda | 2012-2013 | 12 | 0 |
Lugo | Segunda | 2013 | 18 | 3 |
Cádiz | Segunda | 2013-2014 |
Notas editar
- ↑ "Airam, o goleador que vén". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2009. Consultado o 10 de xaneiro de 2013.
- ↑ O pistoleiro Airam chega "cunhas gañas tremendas"