Air Density (satélites)

serie de satélites

A serie de satélites Air Density ou AD foi un conxunto de satélites dentro do programa Explorer adicados á investigación das capas altas da atmosfera. Ían equipados un transpondedor para o seu seguimento. A serie AD formárona os seguintes satélites:[1]

  • Explorer S-56: non chegou a alcanzar órbita.[1][2]
  • Explorer 9 (S-56A): foi o primeiro da serie en alcanzar órbita e completar a súa misión.[1][3]
  • Explorer 19 (AD-A): alcanzou órbita, pero cunha altitude inferior á planeada. O transpondedor non emitiu coa potencia prevista, polo que só se puido seguir opticamente.[1][4]
  • Explorer 24 (AD-B): foi posto en órbita xunto con Explorer 25 (adicado ó estudo das partículas enerxéticas) nun só lanzamento, cumprindo con éxito a súa misión.[1][5]
  • Explorer 39 (AD-C): alcanzou órbita sendo lanzado xunto con Explorer 40. O transpondedor deixou de emitir prematuramente, sendo despois seguido opticamente.[1][6]
Explorer 24 antes do seu lanzamento.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: AD" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2012. 
  2. NASA (4 de novembro de 2011). "S 56" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 5 de marzo de 2012. 
  3. NASA (4 de novembro de 2011). "Explorer 9" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 5 de marzo de 2012. 
  4. NASA (4 de novembro de 2011). "AD-A" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 5 de marzo de 2012. 
  5. NASA (4 de novembro de 2011). "AD-B" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2012. Consultado o 5 de marzo de 2012. 
  6. NASA (4 de novembro de 2011). "AD-C" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 5 de marzo de 2012.