Air Arabia Maroc (árabe: العربية للطيران المغرب‎) é unha aeroliña de baixo custo marroquí, creada como unha empresa conxunta entre varios investidores marroquís e Air Arabia.[1] A súa sede atópase na terminal de chegadas do aeroporto de Casablanca-Mohammed V, na provincia marroquí de Nouaceur.

Air Arabia Maroc
IATA
3O
OACI
MAC
Indicativo
AIR ARABIA MAROC
Fundaciónabril de 2009
Inicio das operaciónsmaio de 2009
Frota7
Destinos34
HoldingAir Arabia
Páxina web: http://www.airarabia.com

Historia editar

Air Arabia Maroc fundouse como unha sociedade entre Air Arabia, Regional Air Lines e Ithmaar Bank. A aeroliña lanzouse oficialmente o 29 de abril de 2009[2] e comezou as súas operacións o 6 de maio do mesmo ano,[1] cun voo entre Casablanca e Londres-Stansted.[3][4] Baseada en Casablanca, os seus primeiros destinos foron Bruxelas, Londres, Marsella, Milán e París.

Frota editar

 
Airbus A320-200 de Air Arabia Maroc

En outubro de 2017 a frota de Air Arabia Maroc estaba formada polos seguintes avións:[5]

Frota de Air Arabia Maroc
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Airbus A320-200 8 162
168
Total 8

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Centre for Aviation (ed.). "Royal Air Maroc fighting back LCC tide with new fleet, cost cuts and possible privatisation". Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  2. Air Arabia (ed.). "Air Arabia (Maroc)". Archived from the original on 02 de febreiro de 2013. Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  3. Cision (ed.). "Air Arabia Maroc to Introduce Services to London, United Kingdom". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2013. Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  4. Flight Global (ed.). "Former SkyEurope chairman Bitter emerges at Air Arabia Maroc". Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  5. Planespotters (ed.). "Air Arabia Maroc Fleet Details and History". Consultado o 9 de marzo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar