Ainulindalë

conta da creación no legendarium de J. R. R. Tolkien

Ainulindalë é o primeiro relato que aparece na obra O Silmarillion, do británico J. R. R. Tolkien, e á súa vez é o nome do feito histórico ficticio que narra e que forma parte do legendarium creado polo escritor. A primeira versión de «Ainulindalë», por entón chamada A música dos ainur, foi escrita entre novembro de 1918 e a primavera de 1920. Tras varias modificacións, a versión definitiva non estaría rematada ata finais da década de 1940.

Ainulindalë
Título orixinalO Silmarillion
Autor/aJ. R. R. Tolkien
OrixeReino Unido
Lingualingua inglesa
Xénero(s)Relato
Data de pub.15 de setembro de 1977
editar datos en Wikidata ]

No relato nárrase a historia da creación de Eä, o mundo ficticio no que se desenvolve o legendarium de Tolkien. Tamén se conta como Ilúvatar e os ainur descenderon ó mundo para darlle forma e preparalo para a chegada dos elfos e os homes.