Aintzane Usandizaga

escritora española

Aintzane Usandizaga López, nada en Lasarte-Oria, Guipúscoa, en 1988, é unha escritora guipuscoana en éuscaro.

Infotaula de personaAintzane Usandizaga
Biografía
Nacemento15 de abril de 1988 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Lasarte-Oria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco
Universidade de Málaga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Literaturaren Zubitegia: 1004

Traxectoria editar

Licenciouse en Historia da Arte pola Universidade do País Vasco, e fixo un posgrao en Desenvolvemento Social da Cultura Artística na Universidade de Málaga (UMA).[1] Traballou en varios proxectos e centros culturais.[1] En 2019 publica o seu primeiro traballo no ámbito literario, Kabitu ezina, e obtén o Premio Etxepare do mesmo ano, grazas ao álbum Etxe honetan (Pamiela, 2019) co ilustrador Asier Iturralde González de Alaiza "Gastón". Tamén colabora no xornal Berria e na publicación dixital Hitzen Uberan. Traballou en varios proxectos e centros culturais.

En agosto de 2022 participou en "Un verán en Galeusca" proxecto impulsado, por cuarto ano consecutivo, entre VilaWeb, Berria e Nós Diario co relato BoA TornAda.[2]

Obras editar

Novela editar

Álbums ilustrados editar

  • Etxe honetan (2019). Pamiela. É un traballo realizado xunto co ilustrador Asier Iturralde Gonzalez de Alaiza "Gastón",[3] que gañou o XIII Premio Etxepare,[4] así como o Premio Juul da Asociación de Escolas, en 2021.[5]
  • (Ia) guztia moztu eta itsats daiteke. Esther Ferrer eta Dembora (2022). Pamiela. ISBN 978-84-9172-248-9. Un álbum creado coa ilustradora Aran Santamaria que explora a relación da artista Esther Ferrer co tempo.

Premios editar

Ademais dos premios Etxepare e Juul, gañou dous premios no certame de relatos curtos Julene Azpeitia organizado polo Concello de Zumaia: en 2014 gañou o primeiro premio (relato Kolokan ),[6] e en 2018, o segundo premio (Historia de Bazterbideak).[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Aintzane Usandizaga Lopez - Euskal idazleen elkartea". idazleak.eus (en éuscaro). Consultado o 2022-08-18. 
  2. Usandizaga, Aintzane (18 de agosto de 2022). "BoA TornAda". Nós Diario. 
  3. "Tamaina Handia - Kalandraka: Etxe honetan". pamiela.com (en éuscaro). Consultado o 2022-08-18. 
  4. "Asier Iturraldek eta Aintzane Usandizagak irabazi dute 2019ko Etxepare Saria "Etxe honetan" album ilustratuarekin". Galtzagorri Elkartea (en éuscaro). Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2021. Consultado o 2022-08-18. 
  5. M.M.P, - (2021-09-29). "Asteazkenean banatu ziren Ikastolen Elkartearen Juul sariak". Diario de Noticias de Navarra (en éuscaro). Consultado o 2022-08-18. 
  6. "Kolokan". Zumaiako Udala (en éuscaro). Consultado o 2022-08-18. 
  7. "Bazterbideak". Zumaiako Udala (en éuscaro). Consultado o 2022-08-18. 

Ligazóns externas editar