Aina Calvo

política española
(Redirección desde «Aina Calvo Sastre»)

Aina Calvo Sastre, nada en Palma en 1969, é unha política mallorquina pertencente ao Partido Socialista Obreiro Español.

Infotaula de personaAina Calvo

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Aina Calvo Sastre Editar o valor em Wikidata
13 de maio de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Palma, España Editar o valor em Wikidata
10ª Government Delegate in the Balearic Islands (en) Traducir
11 de febreiro de 2020 –
← Rosario Sánchez Garau (en) Traducir

Nomeado por: Pedro Sánchez
Q55658967 Traducir
13 de xullo de 2018 – 13 de febreiro de 2020
← Luis Tejada Chacón (pt) TraducirÁngeles Moreno Bau →
Alcaldesa de Palma
16 de xuño de 2007 – 11 de xuño de 2011
← Catalina Cirer Adrover (en) TraducirMateu Isern →
Member of the Parliament of the Balearic Islands (en) Traducir
19 de xuño de 2003 – 3 de xuño de 2004 – Andreu Crespí Plaza (en) Traducir →
Lexislatura: Q28710686 Traducir

Circunscrición electoral: Mallorca

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade das Illas Baleares Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade das Illas Baleares Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webainacalvo.com Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Residiu en Zaragoza por motivos laborais familiares até 1983, cando regresa a Palma. Cursou estudos en Glasgow primeiro como estudante de posgrao cunha bolsa Erasmus e, máis adiante, como profesora da Universidade de Strathclyde.

É Doutora en Pedagoxía e profesora do Departamento de Ciencias da Educación da Universidade das Illas Baleares en situación de servizos especiais; profesora visitante da Universidade de Edimburgo. En 2003 afíliase ao PSIB-PSOE, sendo elixida deputada no Parlamento das Illas Baleares. Formou parte do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación como Subdirectora Xeral de Cooperación e Promoción Cultural da Axencia Española de Cooperación Internacional entre 2004 e 2006, cando é designada candidata do PSIB ao Concello de Palma. Nas eleccións municipais do 27 de maio de 2007 a súa candidatura queda en segundo lugar, pero consegue formar goberno grazas a un pacto con UM. Con todo, en febreiro de 2010 creba o pacto de goberno ao expulsar os concelleiros de UM tras ser sospeitosos de corrupción, gobernando o resto da lexislatura en minoría. Perdeu as eleccións municipais do 22 de maio de 2011, manténdose como portavoz do Grupo Municipal.

Durante o 38º Congreso do PSOE, formou parte do equipo de Carme Chacón na súa candidatura á secretaría xeral do PSOE, que foi derrotada pola de Alfredo Pérez Rubalcaba.

En marzo de 2012, dimite como secretaria xeral da Agrupación Socialista de Palma. Non obstante, tras a dimisión do seu sucesor, postúlase para dirixir de novo a agrupación local. O 6 de xullo de 2012 volve ser elixida secretaria xeral da Agrupación Socialista de Palma, obtendo o 64,7% dos votos fronte ao 35% do seu rival Jaume Garau.[1]

En 2014 presentouse ás primarias para ser candidata do PSIB-PSOE á presidencia do Govern de les Illes Balears, que finalmente gañou Francina Armengol cun 54,58%. Calvo logrou un 45,65%.

Aina Calvo abandonou o concello de Palma nas eleccións de 2015 despois de oito anos, catro no goberno como alcaldesa e catro na oposición. En xullo de 2015 reincorporouse como profesora á Universidade das Illas Baleares.

En xullo de 2018 foi nomeada directora da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), en substitución de Luis Tejada.[2] Tomou posesión o 13 de xullo.[3]

Cargos desempeñados editar

  • Deputada no Parlamento Balear (2003-2004)
  • Concelleira no Concello de Palma (2007-2015)
  • Alcaldesa de Palma (2007-2011)
  • Secretaria xeral do PSOE de Palma (2008-2012)
  • Portavoz do Grupo Socialista no Concello de Palma (2011-2015)
  • Secretaria xeral da Agrupación Socialista de Palma (2007-2017)
Predecesor:
Catalina Cirer
 
Alcaldesa de Palma

2007-2011
Sucesor:
Mateu Isern
Predecesor:
José Hila Vargas
 
Portavoz do Grupo Socialista no
Concello de Palma

2011-2015
Sucesor:
Joan Ferrer

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar