Aikido

arte marcial xaponesa

Aikido (en xaponés: 合気道, Aikidō) é unha arte marcial xaponesa desenvolvida por Morihei Ueshiba, coñecido entre os aikidokas como O-sensei (翁先生, "gran mestre"), e que é o resultado dos seus estudos sobre practicas marciais, filosofía e crenzas relixiosas. A súa denominación pode ser traducida como "o camiño para unificarse coa enerxía vital" ou como "o camiño da harmonía espiritual". O obxectivo do creador era formular unha forma de arte que os practicantes poderían utilizar para defenderse mentres protexen o eventual atacante del mesmo, da súa actitude agresiva.[1]

Aikido
Nikyo omote
Información xeral
FocoAiki
Lugar de orixe Xapón
CreadorMorihei Ueshiba

O Aikido é adestrado por medio de formas estándar de exercicios coa combinación de movementos de ataque e defensa, nos cales busca redireccionar a forza do opoñente, en vez de oporse ou combatela directamente. Nese tipo de abordaxe do golpe non hai a necesidade de moita forza física, pois o practicante simplemente conduce o impulso do atacante para lonxe de si, de modo que esa enerxía sexa usada contra o propio atacante, despois, os movementos son terminados con outras técnicas, de derrubamentos, luxacións e inmobilizacións.

A arte foi desenvolvida entre os anos 1930 e 1960. Gran parte do conxunto de técnicas do aikido deriva da vetusta escola samurai estilo Daito-ryu, co sensei Sokaku Takeda, ao cal incorporou técnicas do Kenjutsu (técnica da espada) e do Jojutsu (técnica do caxato curto). En torno de 1920, o aikido apartouse dese estilo, en parte debido ao envolvemento do creador coa relixión Omoto-kyo. Por outro lado, a pesar da orixe guerreira, o carácter distintivo reside do modo preciso de non se opor ao adversario, mais antes diso envolvelo e utilizar da súa propia agresividade e enerxía. É unha arte orientada á defensa e difícil de e require anos de práctica conseguir defenderse a partir das súas técnicas que se basean en movemento fluídos e circulares, que é unha herdanza doutra escola de artes marciais, a Kito-ryu, que tiña principios de elegancia e pacifismo moi fortes. Os aikidokas afirman que o aikido é unha vía que ensina a establecer a harmonía cun mesmo e cos demais.[2][3]

Conforme o nome da arte suxire, toda súa práctica está intimamente relacionada ao concepto do ki, unha enerxía natural que flúe no corpo humano: o aikido extrapola e fai do control do ki o seu máis importante principio, iso máis claro no estudo do concepto aiki (relacionado ao kiai), que ten estado presente nas máis diversas disciplinas orientais, o cal pretende resolver unha deficiencia non polo choque mais pola concordia. Outro atributo desta arte é seu aprecio ao desenvolvemento espiritual, que é herdanza dun dos mentores de Ueshiba, o monxe Onisaburo Deguchi, líder da seita Omoto-kyo, no Xapón, a quen, despois dun encontro fortuíto, pasou a seguir e ser gardacostas.[4][5]

Tras varias décadas, a unidade da arte marcial mantívose case intacta, permanecendo so a condución dos seus sucesores naturais, Kisshomaru Ueshiba (1921-1999) e Moriteru Ueshiba (1951). Porén, isto non impediu que outras entidades xurdisen, cada cal cunha proposta e unha obrigación particular sobre a modalidade. Ó practicante realmente comprometido, resta a consciencia da súa orixe. Alumnos máis graduados de Ueshiba posúen distintos enfoques sobre o Aikido, dependendo parcialmente do momento da súa aprendizaxe co mestre. Hoxe en día, pode ser encontrado en todo o mundo en varios estilos, con amplas interpretacións e inclusive engadiron a hipótese de haber competición, o que sempre foi rexeitado polo creador. No entanto, todos eles posúen o coñecemento adquirido a partir de Ueshiba en que a preocupación co benestar do opoñente debe ser considerada.[6]

Historia editar

Morihei Ueshiba naceu no Xapón o día 14 de decembro de 1883 e faleceu en 26 de abril de 1969. Era fillo de Yoroku Ueshiba e Yuki Itokawa, provenientes de familias de samurais. Durante a infancia, el non gozaba de boa saúde e a súa complexión natural era pequena, circunstancia que o facía permanecer máis en casa con lectura e outras actividades máis leves, e acabou tornándoo adepto das historias e lendas sobre os feitos heroicos dos guerreiros, como foi o seu bisavó.

Contando as historias dos seus devanceiros, o pai de Morihei estimulouno a comezar a practicar artes marciais, decantándose polo sumo, que xa era unha arte prestixiosa. Nese ínterim, el entendeu a necesidade de se preparar fisicamente e obter coñecementos de loitas por causa dun feito: o seu pai sufriu agresións de persoas que tiñan visión política distinta, unha cousa que non era rara. Despois dunha breve carreira como marchante, tornouse experto en varias modalidades de disciplinas de loita. En 1898, Ueshiba mudouse de Osaca a Toquio, onde tivo contacto máis profundo con diversas artes marciais e empezou aos quince anos de idade a practicar o estilo Kito-ryu, de jujitsu, co mestre Tokusaburo Tozawa. Ao redor de 1902, iniciou a practicar o estilo Tenjin Shinyo-ryu, tamén de jujitsu, co mestre Tokusaburo Tobari. A pesar das súas impresionantes capacidades físicas e marciais, sentíase insatisfeito.[7][8] Ademais deses estilos de loita desarmada, Ueshiba practicou o emprego de espadas, lanzas e bastón: Hozoin-ryu, de sojutsu; e Yogyu Shinkage-ryu, de kenjutsu.[9]

Ueshiba, entón, dedicouse ao estudo relixioso, coa esperanza de encontrar un significado máis profundo para a vida. Ese aspecto relixioso, combinando adestramento e con algunhas correntes ideolóxicas e políticas, creou un ambiente no cal un novo tipo de arte podería evolucionar. O Aikido xurdiu dun proceso de evolución persoal e que ficou marcado como paradigma a ser seguidos polos practicantes. Por exemplo, o nome da arte soamente foi elaborado a mediados de 1942, sendo antes referida como aikibudo e aikinomichi.[10]

De calquera forma, a arte marcial non xurdiu senón na metade inicial do século XX. Antes, era basicamente unha idea na mente de seu fundador, que permanecía a adestrar as diversas disciplinas aprendidas durante súa vida. O Aikido é indubidabelmente unha escola de jujitsu, polo que as súas raíces poden ser trazadas moito dentro da historia do Xapón e máis alén, como o propio nome fai suxerir, pois o concepto do ki (unha especie de enerxía que flúe a través do corpo dunha persoa e pode ser pensada en todo), e do aiki, non é exclusivo da rexión. Eses conceptos poden ser localizados por todo o Oriente (a India e a China, principalmente).

Despois, Ueshiba mudouse para Hokkaido, unha illa setentrional e bastante inhóspita do arquipélago xaponés, como cabeza dun grupo de colonizadores e aventureiros. Naquel momento, ao redor de 1905, encontrouse na illa co mestre guerreiro do clan homónimo, Sokaku Takeda. Mestre Takeda era practicamente o último representante da escola de arte marcial samurai, á época coñecida como Daito-ryu jujutsu e un tanto escura, pois era practicada e ensinada soamente de forma hereditaria. Desde o encontro, Ueshiba pasou a adestrar con Takeda. Na segunda metade da década de 1920, retornando á terra natal, Ueshiba aproximouse a Onisaburo Deguchi, un líder relixioso, e ficou bastante admirado. Contacto ese que foi a última influencia no desenvolvemento da novel arte marcial e de onde prestou como características a forte relevancia aos aspectos pacifista e filosófico.[11]

A despeito de seren incipientes, espiritualidade e reflexión estiveron sempre presentes. Segundo o propio fundador, a súa arte non foi aprendida enteiramente con mestre Takeda, mais, máis importante, el tería pavimentado o camiño para o seu xurdimento: "Takeda abriulle os ollos".

O encontro con Deguchi acotneceu aínda na estación ferroviaria de Ayabe. Saíndo do tren ferroviario, chamou a atención de Ueshiba o feito de haber unha gran multitude ao redor dun correcto home, persoas de todo tipo e até vestidas con roupas formais e até traxes cerimoniais. Seguindo o home ata unha vía de templos, entrou nun deles e púxose a orar... Ao abrir os ollos, viuse diante de Deguchi que lle preguntou o que vira. Usehiba dise que vira a face moribunda do seu pai, ao que Deguchi lle dixen que estaba todo ben co ancián, velaí que súa vida chegaba ao ocaso de forma natural e el (o pai) estaría ben por si mesmo.[12]

Chegando en casa, Ueshiba soamente encontrou a noticia de seu pai xa fora a óbito. Non obstante, o seu vello pai deixáralle un último consello: "viva libremente e realice todo o que se dispuxer a facer". Despois do choque e dunha reclusión, Ueshiba retornou ata Ayabe para reencontrar Deguchi, que lle tería dito que a súa misión era crear unha arte que axudaría a humanidade.[13]

Mentres tanto, Mestre Ueshiba seguía ensinando a arte marcial de Takeda Sensei. O Aikido xurdiu nese contexto non como unha creación consciente senón como un proceso de evolución persoal de Ueshiba. El apunta como un dos momentos de comprensión cando, en 1925, un oficial da mariña xaponesa, experto no manexo da espada, desafiouo para un combate. Da loita o resultado foi a vitoria de Ueshiba sobre o oficial, que ficou cansado, pois non conseguiu acertar un golpe co boken. Ueshiba entendeu que podería subxugar un opoñente sen que fose preciso resistídelo.[11]

Instantes tras o combate, Ueshiba sae para ir até seus apousentos, coa intención de descansar. No camiño, el ten unha intuición ou unha forte sensación de estar en harmonía co universo. Esa sensación de ilustración (satori) é apuntada por el como un dos máis importantes momentos, pois naquel momento el entendería que a certa razón del practicar artes marciais e crear unha nova arte: el debería mostrar que toda a fonte das artes marciais é o amor divino e que, por iso, elas deberían ser instrumento dese mesmo amor e non instrumento de guerra simplemente.[14]

As ensinanzas do mestre a partir de entón pasan a diverxer máis da liña de foco da escola do seu mestre, a Daito-ryu, que tiña máis relevante o aspecto guerreiro. Ueshiba pasa a adestrar un modelo máis próximo á filosofía, como viña sucedendo con outras modalidades: o aikijutsu vaise transformando en gendai budo. Nese período, entre 1920 e 1930, a denominación da escola vacila e pasa a ser coñecida primeiro como "Aikibudo".

Durante o estabelecemento da súa escola e da súa arte, o mestre Ueshiba mantivo contacto con diversos mestres das máis variadas escolas e estilos de artes marciais. Ueshiba ensinou as súas técnicas a quen estaba disputo a aprendelas, fosen persoas leigas ou mestras doutras modalidades de loita, como Karate e Judo.[15] Porén, xa ao redor de 1940 a escola era coñecida como "Aikido", mais aínda era practicado só por poucos e exclusivamente no Xapón. Tras a segunda guerra mundial, o Aikido foi introducido noutros países.

O fundador finou en 1969, e o seu fillo, Kissomaru Ueshiba, asumiu a tarefa de difundir a arte.[16]

Rangos editar

O mestre Jigoro Kano adaptou para o judo o sistema da rangos Dan-i, do xogo de taboleiro Go, co propósito de estabelecer un modelo de avaliación continuada e que reflectise con maior precisión o nivel de coñecemento dos alumnos. Este sistema divide os alumnos en dúas grandes categorías: mudansha, que son os alumnos principiantes, e yudansha, os alumnos avanzados. Respectivamente, os iniciantes son identificados grosso modo polos cintos de cores e os avanzados, polos cintos negros. En 1907, o mestre Kano introduciu o uniforme de adestramento, composto por chaqueta e calza brancas. Os cintos tamén foron concibidos na súa forma final ese ano.[17][18]

Orde Grao
1
6º Kyu
2
5º Kyu
3
4º Kyu
4
3º Kyu
5
2º Kyu
6
1º Kyu
7
1º Dan

Técnicas editar

Véxase tamén: Técnicas do aikido.

O conxunto de técnicas do Aikido é fundamentado basicamente nas técnicas do koryu Daito-ryu, de loita desarmada. Por causa disto, os golpes, inmobilizacións e proxeccións son inspirados nos movementos de manipulación da catana, e isto implica que cada movemento, sexa das mans, sexa un desprazamento ou proxección, posúe un correspondente realizado coa espada.[19]

Notas editar

  1. "Geschichte des Aikido" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2014. 
  2. Beijing Aikikai (ed.). "About Aikido" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2014. 
  3. "Onisaburo Deguchi - Omoto Kyo Religious Leader" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2014. 
  4. Lutas e artes marciais (ed.). "História do Aikido" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 29 de xaneiro de 2014. 
  5. Shioda, Gōzō. Mediteranee (Kondansha), ed. Aikido dinamico: tecniche di base e applicazioni pratiche (en italiano). Roma. p. 11. 
  6. Jill Smi. "Aikido e suoi vari stili" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2014. 
  7. Sakanashi, Masafumi (2003). Pensamento-Cultrix, ed. Aikido, o desafio do conflito (en portugués). São Paulo. p. 95. 
  8. "Aiki Principle Of The Old System: Kito Ryu" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2014. Consultado o 11 de agosto de 2014. 
  9. Bull, Wagner (2007). Pensamento, ed. Aikido, takemussu aiki. São Paulo. p. 36-38. ISBN 978-85-315-1484-5. 
  10. Ueshiba, Morihei; Ueshiba, Kisshomaru (1996). Kodansha, ed. Budo: teachings of the founder of aikidõ (en inglés). Nova York. ISBN 978-1568364872. 
  11. 11,0 11,1 "A Brief History of Aikido" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2014. 
  12. "History of Aikido". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2014. 
  13. Travinha Esportes (ed.). "História do Aikido no Mundo" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2014. 
  14. Ueshiba, Morihei (2006). Pensamento-Cultrix, ed. Budô, ensinamentos do fundador do aikidô (en portugués) (10 ed.). São Paulo. 
  15. "Shindo Jinen Ryu" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2014. 
  16. "History of Aikido". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2014. 
  17. Mitsugi Saotome. "Reflexões sobre o Título de Yudansha" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 5 de decembro de 2014. 
  18. "The Judo Rank System - Belts" (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2014. 
  19. Shioda, Gozo (1977). Kodansha, ed. Dynamic Aikido (en inglés). Nova York. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar