Agustín Rodríguez Santiago

futbolista galego

Agustín Rodríguez Santiago, nado en Marín o 10 de setembro de 1959, é un exfutbolista galego. Xogaba de porteiro e pasou a maior parte da súa carreira no Real Madrid, co que gañou seis ligas, dúas Copas do Rei, dúas Supercopas e dúas Copas da UEFA. Na tempada 1982/83 gañou o trofeo Zamora como porteiro menos goleado da Primeira División. Xogous os seus últimos anos como profesional no Tenerife.

Infotaula de personaAgustín Rodríguez Santiago
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura1,92 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor em Wikidata - 1994 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1978-1980 Real Madrid Castilla Club de Fútbol 49(0)
1980-1990 Real Madrid Club de Fútbol 76(0)
1990-1994 Club Deportivo Tenerife 55(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1978-1978   España sub-18 6(0)
1978-1982   Selección de fútbol sub-21 de España 11(0)
1979-1979   Selección de fútbol sub-19 de España 3(0)
1979-1980   Selección de fútbol de España de afeccionados 3(0)
1979-1980   selección de fútbol sub-20 de España 5(0)
1980-1982   Selección de fútbol sub-23 de España 2(0)
1981-1981   España B 1(0) Editar o valor em Wikidata
Participou en
1980Xogos Olímpicos de 1980 Editar o valor em Wikidata

FIFA: 194801 Editar o valor em Wikidata

Foi internacional coas categorías inferiores da selección española e participou nos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova. É sobriño do tamén porteiro Pereira, que destacou entre outros no Pontevedra e no Valencia.

Traxectoria editar

Seguiu os pasos no fútbol de seu tío Pereira e comezou a xogar de porteiro.[1] Formouse nas categorías inferiores do Real Madrid e pasou ao primeiro equipo na tempada 80-81, estreándose na primeira división o día 4 de abril de 1981 contra a UD Salamanca por mor dunha lesión de Mariano García Remón, o porteiro titular do equipo.

Entre 1981 e 1983 xogou con regularidade, conseguindo o trofeo Zamora na tempada 82-83 ao encaixar 25 goles en 29 partidos. A pesar dese bo comezo perdeu a titularidade ante a competencia de Miguel Ángel, Ochotorena e Francisco Buyo. Volvería recuperar o posto de titular na segunda metade da tempada 85-86 debido á lesión de Ochotorena, chegando a xogar dous partidos da Copa da UEFA, un deles o da final contra o 1. FC Köln, no que o Real Madrid gañou 5-3.

Agustín deixou o equipo ao remate da tempada 89-90 e fichou co CD Tenerife. Durante os seus catro anos no mesmo o equipo clasificaríase por ver primeira para unha competición europea (a Copa da UEFA).

Retirouse no ano 1994 despois de xogar 131 partidos en primeira división, e tras o seu retiro foi adestrador de porteiros durante un breve período de tempo no CD Tenerife.

Participou coa selección española nos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova. Foi un dos dous gardametas do combinado español, xunto a Paco Buyo, e disputou o partido contra Siria no Estadio Dinamo de Minsk (1-1).[2]

Notas editar

  1. Martínez Roig, Alex (27 de agosto de 1982). "Pereira: "Fichando por el Atlético pierdo dinero, pero gano en ilusión"". El País (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2021. 
  2. "España - Siria 1980". FIFA (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar