Agoraphobia (grupo musical)

grupo musical galego

Agoraphobia é un grupo galego de indie-rock de Boiro formado en 2006. Está composto por Susana Saavedra (voz e percusión), Sabela Sampedro (guitarra), Paula Rego (batería) e Lucía Fernández (baixo).

Agoraphobia
OrixeBoiro, Galicia Galicia
Xénero(s)indie rock, garage punk
Selo(s) discográfico(s)Dotbeat!
MembrosSusana Saavedra (voz e percusión), Sabela Sampedro (guitarra), Paula Rego (batería) e Lucía Fernández (baixo)
Antigos membrosAislinn García (guitarra)
Na rede
Agoraphobia en Bandcamp
Bandcamp: agoraphobiaband Songkick: 86518 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O grupo formouse en 2006 no instituto de Boiro. En 2014 editaron o seu primeiro EP, Dirty Little Things, gravado nos estudos madrileños Global Music Studio con Carlos Sainz como produtor[1] logo de gañar o Vodafoneyu Music Talent. En 2015 publicaron o EP Ready to Play, gravado no estudio Nekra da Coruña.[2]

En 2017 gañaron o Premio Martín Codax da Música na categoría de mellor banda de rock[3]. No verán de 2017 a guitarrista Aislinn deixou o grupo[4].

Discografía editar

Álbum Ano Selo Notas
Mentir y Gobernar 2010 A Regueifa maqueta
Dirty Little Things 2014 autoeditado EP
Ready to Play 2015 autoeditado EP
Incoming Noise 2017 dotbeat!
Unaligned 2019 dotbeat!

Notas editar

  1. "Agoraphobia, la nueva ola de rockin’ girls" Arquivado 09 de abril de 2018 en Wayback Machine., Miguel Chimeno en El perfil de la tostada, 13 de novembro de 2014 (en castelán).
  2. "Biografía de Agoraphobia - La Fonoteca". lafonoteca.net. Consultado o 2020-01-18. 
  3. "Agoraphobia, protagonistas nos Premios Martín Códax" Arquivado 19 de outubro de 2018 en Wayback Machine., A Revista, 7 de maio de 2017.
  4. "Aislinn deja Agoraphobia tras una década en la banda de rock", La Voz de Galicia, 16 de agosto de 2017 (en castelán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar