Agios Efstratios ou San Eustaquio (grego: Άγιος Ευστράτιος) é unha pequena illa grega no norte de mar Exeo a 30 km ao suroeste de Lemnos e 80 km ao noroeste de Lesbos. Xunto con Lemnos e os illotes próximos forma a unidade rexional de Lemnos, parte dos arquipélagos gregos da rexión do Exeo Setentrional.

Agios Efstratios
Άγιος Ευστράτιος
vista da illa
Situación da illa
Situación
PaísGrecia
Periferias de GreciaExeo Setentrional
MarMar Exeo
Coordenadas39°31′N 25°00′L / 39.517, -25.000Coordenadas: 39°31′N 25°00′L / 39.517, -25.000
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie43´325 km²
Demografía
Poboación270 (2011)
Densidade6´24 hab./km²

Nome editar

A illa leva o nome de San Eustaquio (Όσιος Ευστράτιος ο Θαυματουργός), que viviu como exiliado na illa no século IX, porque se opoñía ás políticas iconoclastas do emperador bizantino León V o Armenio. A súa tumba aínda é mostrada polos habitantes. A illa é mencionada no Isolario por Cristoforo Buondelmonti en 1420 como Sanstrati. foi coñecida como "Bozbaba" durante o dominio otomán.

Xeografía editar

Agios Efstratios é tranquila, illada e seca, cunha poboación aproximada de 300 persoas. O clima é árido, con escasas precipitacións durante os meses de inverno e veráns longos e calorosos. A paisaxe é principalmente rochosa, con vexetación escasa e baixa. Os cultivos son insignificantes; o mar circundante, con todo, é rico en peixes que son capturados polos pescadores locais. Hai numerosas praias na illa, como Agios Antonio, Lemonies, Avlakia e outras, á maioría das cales se accede por barco. A illa Agios Efstratios está conectada por barco con Lemnos, Agios Konstantinos, Kymi e Kavala.

Historia política recente editar

A illa foi utilizada para albergar preso políticos en exilio interno polo Réxime Metaxas na década de 1930. O 19 de febreiro de 1968, un terremoto (7´1 na escala de Richter) derribou a maioría das casas,[1] que foron dubstituídas por construcións prefabricadas de formigón dispostos nunha formación similar a un campamento militar. No entanto, a illa conserva unha capital moi atractiva, tamén chamada Agios Efstratios, preservada ao mesmo tempo un ambiente mediterráneo nun lugar virxe, con praias de augas cristalinas. É sobre todo un lugar para a relaxación e a meditación. Durante a Ditadura dos Coroneis, a illa foi utilizada de novo como unha prisión para os disidentes políticos. Un dos seus máis famosos prisioneiros foi Mikis Theodorakis, activista político e compositor musical.

Primeira illa verde de Grecia editar

Athens News Agency informou que, o 4 de xuño de 2009, na conferencia internacional de dous días en Atenas sobre o "Cambio climático e Desafíos para as xeracións futuras",baixo o patrocinio da UNESCO, o ministro de Desenvolvemento de Grecia Kostis Hatzidakis dixo que Agios Efstratios pronto se convertería na primeira illa "verde" do país, totalmente impulsada por fontes de enerxía renovable (FER),[2][3]. Os seus residentes dependen da enerxía solar e eólica xerada e móvense ao redor da illa en bicicletas e coches eléctricos. Agios Efstratios está incluído na rede Natura 2000 das áreas da natureza protexidas da Unión Europea.[Cómpre referencia]

Galería editar

Notas editar

  1. Επίτομο Γεωγραφικό Λεξικό της Ελλάδος (Geographical Dictionary of Greece), Μιχαήλ Σταματελάτος, Φωτεινή Βάμβα-Σταματελάτου, εκδ. Ερμής, ΑΘήνα 2001
  2. "Conference on climate change ends with Athens Declaration". Athens News Agency: Daily News Bulletin in English, (en inglés). Athens News Agency (3211). 4 de xuño de 2009. Consultado o 2 de abril de 2019. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2009. Consultado o 19 de xullo de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar