Agapito Pombo Salgado

gaiteiro galego


Agapito Pombo Salgado, nado nas Encrucilladas (Toldaos, Triacastela) en 1900 e finado en outubro de 1978, foi un gaiteiro galego asentado en Asturias.

Infotaula de personaAgapito Pombo Salgado
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor em Wikidata
As Encrucilladas, España Editar o valor em Wikidata
Morteoutubro de 1978 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Datos persoais
ResidenciaCaborana Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngaiteiro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Logo de quedar orfo aos 10 anos fixéronse cargo del os seus avós Andrea Agustina e José, e a súa tía Castora. Despois foi a Viveiro co seu tío José, con quen foi a Asturias á procura de traballo. Comezaron a traballar nunha empresa mineira en Morea (Ayer), e residiron en La Casanueva. En 1921 casou con Marselinda González González, con quen tivo sete fillos. Foi vivir á casa da sogra en La Reguera (Caborana).

Na década de 1930 fíxose taxista logo de mercar un coche de segunda man. A finais da década de 1940 traballou como tractorista na empresa mineira Hullera Española no pozo San Jorge. Tivo un accidente laboral no que rompeu a cadeira, e malia recuperarse en Bustiello e Oviedo, arrastrou unha minusvalía nunha perna.

Xubilouse de forma anticipada en 1960, e retomou a práctica da gaita, que xa tocaba de neno, e ingresou nos coros e danzas da Sección Femenina de Morea. Fíxose tamén construtor de gaitas[1]. Finou en outubro de 1978 logo de sufrir glaucoma na vista e varias apoplexías.

Recoñecementos editar

En 1995 recibiu unha homenaxe no Teatro Campoamor de Oviedo polo seu traballo a prol do folclore asturiano.

Notas editar

  1. Garrido Palacios, M. (2009). "La gaita de Agapito". El pámpano roto (apuntes etnográficos). Palma: Calima. ISBN 978-84-96458-54-3. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar