Afzelia africana

especie de planta
Afzelia africana

Froito e semente
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Plantae
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Xénero: Afzelia
Especie: A. africana
Nome binomial
Afzelia africana
Sm.

A afzelia[1] (Afzelia africana) é unha árbore da familia das fabáceas que medra en África occidental, desde Senegal ata Uganda polo leste e a República Democrática do Congo polo sur; acada unha altura de entre 10 e 18 metros nas sabanas e 30-35 nas forestas[2], a súa madeira é moi valorada, aínda que se adoita mesturar para o mercado internacional coas doutras madeiras doutras árbores da mesma especie como a Afzelia bipindesis e a Afzelia pachyloba, comercializándose como doussié ou papao, sendo o Camerún o principal exportador[3]. A súa casca emprégase na medicina tradicional e as súas follas ricas en nitróxeno enriquecen o solo.

Usos editar

A súa madeira foi usada noutrora para a construción naval. Atopouse un barco do século IX afundido fronte a illa de Belitung (Indonesia) cuxo casco estaba feito de madeira de afzelia.[4]

Hábitat editar

Atópase entre rochas e penedos das forestas con Combretum collinum, Combretum molle e Annona senegalensis, en noiros rochosos, rocha núa, pradeiras arboradas, cavorcos, ribeiras, bosque de galería, tamén en solos secos; aluviais; fendas e en bosques húmidos etc ..

Taxonomía editar

Afzelia africana foi descrita por James Edward Smith e publicado en Transactions of the Linnean Society of London 4: 221. 1798.[5]

Sinonimia
* Intsia africana (Sm. ex Pers.) Kuntze (1891)
  • Pahudia africana (Sm. ex Pers.) Prain[6]

Notas editar

  1. Nome vulgar galego recomendado por Groba Bouza, F. (2006) en Vocabulario galego-castelán de carpintaría de madeira, Universidade de Vigo
  2. worldagroforestry.org
  3. "Afzelia africana en prota4au.org". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 22 de decembro de 2012. 
  4. Jackson, Robert (2012). "Navegando por el tiempo: La joya de Mascate". Saudi Aramco World. Consultado o 26 de decembro de 2018. 
  5. "Afzelia africana". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 29 de xullo de 2014. 
  6. "Afzelia africana". Conservatorio y Jardín Botánico de Ginebra: Flora africana. Consultado o 21 de xuño de 2010. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar