Afonso I de Asturias

Duque de Cantabria e Rei de Asturias
(Redirección desde «Afonso I o Católico»)

Afonso I, tamén coñecido como Afonso I de Cangas,[1] nado no 739 e finado no 757, foi segundo as Crónicas Afonsinas un princeps (señor territorial) da Cordilleira Cantábrica que viviu na Galicia altomedieval a comezos do século VIII.

Infotaula de personaAfonso I de Asturias

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Alfonso I Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento705 Editar o valor em Wikidata
Ducado da Cantábria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte757 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Cangas de Onís Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSanta Cova de Covadonga Editar o valor em Wikidata
Monarca do Reino de Asturias
739 – 757
← FávilaFroila I → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDucado da Cantábria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei de Asturias Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor em Wikidata
CónxuxeErmesinda Editar o valor em Wikidata
ParellaSisalda (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAdosinda, Mauregato, Vimarano, Froila I Editar o valor em Wikidata
PaisPedro, duque da Cantábria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
IrmánsFruela da Cantábria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Asturias-10

Diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX asignáronlle o recorrente título de rey de Asturias —que motivou pois engadirlle "de Asturias"—, así como o alcume de "o Católico", denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuírlle. Porén, as crónicas árabes denomínano rei de Galicia (Adhfunsh, malik[2] Jilliquiyya[3]).[4][5]

Traxectoria editar

 
Mapa político do noroeste da Península Ibérica tras a substitución da España visigoda, pola musulmá. Galicia aparece gobernada por numerosos señores territoriais cristiáns que tentan impoñer a súa autoridade sobre os demais.

Toda a documentación que alude á súa persoa foi redactada 150 anos despois do seu falecemento, a finais do século IX e inserida nas neogoticistas crónicas afonsinas, polo que a verdade sobre a súa vida e feitos, incluso a existencia da súa persoa debe tomarse coa debida prudencia histórica e científica.

As propias fontes son confusas e mesmo contraditorias, así para o versión "Rotense" da Crónica de Afonso III, Afonso "foi elixido como rei por todo o pobo", mentres a Sebastianense sostén que non existiu tal elección, e que Afonso xa era fillo do duque visigodo, Pedro, descendente da liñaxe dos reis Leovixildo e Recaredo, unha visión esta que amosa o grao de deformación ideolóxica das crónicas e a intencionalidade no feito que querer facer entroncar aos reis ovetenses coa antiga realeza visigoda. Na crónica Albeldense só menciona que era fillo de Pedro, duque de Cantabria.

Hai opinións encontradas sobre a natureza da actividade guerreira deste rei. De calquera xeito, o seu labor viuse favorecido pola confusa situación da España musulmá daquela época, xa que debido á fame do 750, os bérberes e a súa rebelión determinaron o seu éxodo cara ao Magreb. Galiza puido separarse sen dificultade do resto dos territorios do islam e ofrecer ao rei ástur a súa anexión á Coroa. Por outra banda, a medida que os bérberes ían evacuando os territorios que ocuparan algunhas xeracións, Afonso I, que os hostilizaba con guerrillas, puido deixar as montañas ástures cara ás chairas leonesas.

Tomou Astorga, e despois continuou avanzando cara ao norte de Portugal, a vertente meridional da cordilleira Cántabrica, a Bardulia (antigo nome de Castela a Vella) e os territorios de Áraba, A Bureba, e A Rioxa. Quizais se establecese na rexión comprendida entre o val do río Douro e os macizos montañosos da España central. Entre as diferentes prazas que foron caendo paseniñamente nas súas mans, as crónicas cristriás da época mentan: Lugo, Tui, Porto, Braga, Viseu, Astorga, León, Amaia, Zamora, Simancas, Osma, Salamanca, Ávila, Segovia e Sepúlveda. Nese momento, o gobernador árabe de Córdoba estaba demasiado ocupado nas loitas internas para se opor ao avance dos cristiáns, nin enviar colonias andaluzas que substituísen os bérberes emigrados cara ao norte de África.

Tampouco Afonso I dispoñía de forzas bastantes para se ocupar efectivamente das terras conquistadas e despoboadas, e que quedaron baleiras durante décadas, xa que entre a liña de prazas fortes cristiás e a fronteira musulmá habería unha verdadeira "terra de ninguén", que foi definida como unha terra de correrías, onde se desenvolven combates de detención. Son a orixe das "Marcas", que daran continuamente que falar na historia política da Península.

Co achego de Ab al-Rahman I ao califato de Córdoba a liña fronteiriza percorría o curso do río Douro, dende a súa desembocadura ata Osma,e logo corría cara ao norte ata Vasconia. Un ano despois, morre Afonso I, deixando o seu trono nas mans do seu fillo, Froila I.

Notas editar

  1. Carriedo Tejedo, Manuel (2009). "Locus Sancti Martini (ss. VIII-XII)" (PDF). Estudios Mindonienses (en castelán) (Centro de Estudos da Diocese de Mondoñedo-Ferrol) (25): 27–78, en 41. ISSN 0213-4357. 
  2. Ayalon, A. (2010-10-01). "Malik". Encyclopédie de l’Islam (en francés). 
  3. Huici Miranda, A. (2010-10-01). "Ḏj̲illīḳiyya". Encyclopédie de l’Islam (en francés). 
  4. König, Daniel G. (2015). Arabic-Islamic Views of the Latin West. Oxford University press. p. 310. 
  5. Ibn El-Atir. Fagnan, ed. Annales du maghreb & de l'espagne (en francés) (1897 ed.). année 140 (24 mai 757) mourut, après un règne de dix-huit ans, Alfonse, roi de Galice 

Véxase tamén editar

  Os reis e as raíñas da Galiza.
  Vitiza. Paio, Fávila, Afonso e Froila. A nova monarquía galaica de 711 até 768.
(Nós Diario, 14.09.2022)

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Anselmo López Carreira, Tucho Fernández Cal, Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
  • Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
  • Anselmo López Carreira, O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8.
  • Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
  • Barbosa Álvarez, José Manuel, Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0.

Ligazóns externas editar

Reino de Galicia

Segue a:
Fávila
Afonso I de Asturias
Precede a:
Froila I
Primeiros caudillos (711-767)