Afonso Eanes do Coton

trobador galego
(Redirección desde «Afonso Eanes do Cotón»)

Afonso Eanes do Coton (tamén Alfonso Eanes de Cotón ou Afons’Eanes) foi un trobador galego do século XIII, activo nas cortes de Fernando III e Afonso X. É un persoeiro recoñecido en Negreira, levando un premio de poesía o seu nome[1] e sendo a súa figura de cerámica de Sargadelos a que entrega devandito concello aos seus visitante máis ilustres.[2] Tamén ten unha rúa co seu nome en Cidade Real.[3]

Infotaula de personaAfonso Eanes do Coton
Biografía
Nacemento(gl) Afonso Eanes de Coton Editar o valor em Wikidata
1150 (Gregoriano) ↔ 1200 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Negreira Editar o valor em Wikidata
Morte1266 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Cidade Real, presumiblemente Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Suponse que naceu, a finais do século XII ou xa no século XIII, na localidade coruñesa de Negreira, onde está o pazo do Cotón. Tamén existen teorías que sitúan o seu nacemento en Santiago de Compostela debido a que o seu suposto pai (Iohannes Cothon) tiña casa alí.[4]

Eanes do Coton preséntase como escudeiro, polo que probablemente descenda dunha familia da baixa nobreza, outro indicio é o feito de que reproba aos trobadores que cobran pola súa arte.[5] Existe constancia da súa participación en campañas de reconquista levadas a cabo por Fernando III, da súa obra dedúcese que tamén participou no cerco a Xaén de 1246 e nas tomas de Sevilla e de Córdoba. Percorreu boa parte do Camiño Francés por estar namorado dunha muller da que pouco sabía.[6]

Na corte de Fernando III mantén produción literaria con Martin Soares, Johan Soares Coelho e Roi Gomez de Briteiros. Así mesmo coñece a Gonçalo Eanes do Vinhal e a Pero da Ponte.[5]

Para os seus contemporáneos era un vividor de moi má reputación, abarregado cunha tal María Pérez Balteira de fama aínda peor que a súa.

Mari’ Mateu, ir-me quer eu daquen

por que non poss’ un cono baratar
alguen que me o daria nõno ten,
e algu[a] que o ten non mi o quer dar

[...]

Mari’ Mateu, Mari’ Mateu,

tan desejosa ch’és de cono com’ eu!
Afons’ Eanes de Coton[7]

Martin Soares acúsao de levar mala vida nunha cantiga. Segundo conta Afonso X, Eanes do Coton foi asasinado por Pero da Ponte,[5] ao parecer nunha taberna de Cidade Real (coñecida daquela como Vila Real) en torno ao ano 1266.[4]

Obra editar

Consérvanse quince cantigas de escarnio e maldicir, dúas cantigas de amigo e dous tenzons con Pero da Ponte. Ademais existen dúbidas sobre a autoría doutras dúas cantigas de escarnio, unha cantiga de amor e outra de amigo.[8]

Notas editar

  1. "El fallo del premio de poesía Afonso Eanes do Cotón se dará a conocer el 6 de septiembre" (en castelán). 2003-08-29. Consultado o 2020-12-11. 
  2. "El trovador Afonso Eanes será la imagen corporativa de Negreira" (en castelán). 2007-12-04. Consultado o 2020-12-11. 
  3. "Calle de Alfonso Eanes - Callejero de Ciudad Real - Callejero.net" (en castelán). Consultado o 2020-12-11. 
  4. 4,0 4,1 "Entre lances de juego y jarras de vino, a manos de un amigo la muerte le sobrevino" (en castelán). 2014-03-03. Consultado o 2020-12-11. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Alfonso Eanes do Coton | Real Academia de la Historia". Consultado o 2020-12-11. 
  6. "Afonso Eanes do Cotón - Xacopedia". Consultado o 2020-12-11. 
  7. Cantiga atribuída a Afonso Eanes do Coton e recollida dentro do primeiro volume da Lírica profana galego-portuguesa, publicado polo Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro.
  8. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". cantigas.fcsh.unl.pt. Consultado o 2021-08-23. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar