Aeroporto de Kristiansand, Kjevik

O aeroporto de Kristiansand, Kjevik (IATA: KRSOACI: ENCN) é un aeroporto internacional que serve á cidade norueguesa de Kristiansand, no condado de Vest-Agder. Está situado no distrito de Tveit, a uns 8 quilómetros do centro de Kristiansand. Operado pola empresa estatal Avinor, é o único aeroporto da rexión de Sørlandet con voos regulares. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 1 019 379 pasaxeiros.[1] Os voos regulares son operados por Scandinavian Airlines, Norwegian Air Shuttle, Widerøe, KLM Cityhopper e Wizz Air. A Real Forza Aérea de Noruega ten un centro de adestramento no aeroporto.[2]

Aeroporto de Kristiansand, Kjevik
Kristiansand lufthavn, Kjevik

IATA: KRS – ICAO: ENCN
Sumario
Tipo público
Operador Avinor
Cidade/Illa Kristiansand
Localización Kjevik
Elevación (msnm) 17 metros / 57 pés
Coordenadas Coordenadas: 58°12′14″N 8°05′06″L / 58.203888888889, 8.085
Web avinor.no
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
03/21 2 035 6 677 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 1 019 379

Kjevik inaugurouse o 1 de xuño de 1939. Durante a segunda guerra mundial foi ocupado e ampliado pola Luftwaffe. A súa situación ao sur do país fixo que durante os seus primeiros anos recibise varias rutas internacionais, ademais de servizos domésticos. Braathens SAFE operou voos domésticos dende 1955 ata a súa desaparición en 2004. KLM voou ata 1971, e posteriormente Dan-Air abriu rutas cara ao Reino Unido. A terminal tivo grandes ampliacións en 1955, 1979, 1994 e 2015. Nos anos 1966 e 2013 construíronse novas torres de control. Kjevik foi a base da aeroliña Sørfly de 1946 a 1962, de Agderfly de 1969 ata 2004, e de FlyNonstop en 2013.

Aeroliñas e destinos editar

Pasaxeiros editar

Aeroliñas Destinos
Aegean Airlines Estacional: Rodas
Corendon Airlines Estacional: Antalya
Czech Airlines Estacioanl: Praga
Danish Air Transport Estacional: Alacant
Evelop Airlines Estacional: Gran Canaria, Tenerife-Sur
KLM
operado por KLM Cityhopper
Ámsterdam
Norwegian Air Shuttle Oslo-Gardermoen
Scandinavian Airlines Oslo-Gardermoen, Trondheim (comeza en marzo de 2018)
Estacional: Chania, Larnaca, Las Palmas, Málaga[3], Split, Tenerife-Sur
Thomas Cook Airlines Scandinavia Estacional: Palma De Mallorca
Widerøe Bergen, Copenhague, Florø, Kristiansund, Stavanger, Trondheim
Wizz Air Gdańsk

Carga editar

Aeroliñas Destinos
DHL
operado por West Air Sweden
Copenhague, Ålesund

Notas editar

  1. Avinor (ed.). "Statistics". Consultado o 29 de xaneiro de 2018. 
  2. Luftforsvaret (ed.). "Kjevik". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2018. 
  3. Routes Online (ed.). "SAS adds new European routes in S17". Consultado o 29 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar