Aeroporto de Bilbao

Coordenadas: 43°18′04″N 2°54′38″O / 43.301111, -2.910556

O Aeroporto de Bilbao (IATA: BIO, OACI: LEBB) atópase a 5 quilómetros da cidade de Bilbao. A antiga terminal, terminal de carga, e gran parte dos servizos aeroportuarios atópanse no municipio de Sondika, mentres que a nova terminal, deseñada por Santiago Calatrava está no de Loiu. Trátase do aeroporto máis importante da cornixa cantábrica en canto a número de viaxeiros e impacto económico. O aeroporto de Bilbao recibiu en 2016 un total de 4 588 265 viaxeiros, o que supón un incremento dun 7,3% respecto ao ano anterior, segundo datos de AENA.

Aeroporto de Bilbao
Bilboko aireportua

IATA: BIO – ICAO: LEBB
Sumario
Tipo público
Propietario/Operador AENA
Cidade/Illa Bilbao, España
Localización Sondika-Loiu
Elevación (msnm) 42 metros / 138 pés
Web AENA-Aeroporto de Bilbao
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
12/30 2 600 8 530 asfalto
10/28 2 000 6 562 asfalto
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 4 973 712
Aumento pasaxeiros Crecente (crecemento) 8,4%
Operacións 46 989
Aumento operacións Crecente (crecemento) 4,2%
Carga (ton.) 1 956
Aumento carga Decrecente 34,2%
Fonte: AENA[1]

É o único aeroporto rendible do País Vasco e un dos 14 rendibles do sistema aeroportuario español.[2] Trátase do 12º aeroporto máis concorrido de España por número de pasaxeiros. É unha base da aeroliña rexional Air Nostrum e a segunda base en número de destinos de Vueling, despois do aeroporto de Barcelona.

Arquitectura editar

O aeroporto actual foi concibido polo arquitecto valenciano Santiago Calatrava. Deseñouno de tal forma que desde o exterior se asemellase a unha ave emprendendo o voo, por iso é polo que se coñeza popularmente co nome de A Pomba. Na construción abunda a cor branca, o vidro e o formigón.

A terminal conta cun total de 6 "fingers" (túneles móbiles que conectan directamente o avión coa terminal). Á súa vez, foi deseñada unha nova torre de control en forma de falcón para facer fronte ao incremento de voos que a nova terminal atraería. Con todo, as antigas instalacións aproveitáronse para mellorar o conxunto do aeroporto. A antiga pista de aterraxe mantívose como pista secundaria para utilizala cando a principal non estivese en condicións, a antiga terminal de pasaxeiros habilitouse como terminal de carga e a torre de control equipouse con dispositivos especiais para situacións de urxencia.

Infraestruturas editar

  • 2 pistas de aterraxe
    • Pista 12-30: 2 600 m.
    • Pista 10-28: 2 000 m.
  • Plataforma Norte: 10 postos de estacionamento.
  • Plataforma Sur: 11 postos de estacionamento.
 
Detalle do aeroporto de Bilbao
 
Aeroporto de Bilbao
 
Detalle dun finger e a torre de control ao fondo.
  • Nova Terminal de Pasaxeiros (A Pomba): 36 mostradores de facturación, 12 portas de embarque e 7 hipódromos de recolleita de equipaxes.
  • Antiga Terminal de Pasaxeiros (utilizada agora como oficinas).
  • Terminal de Carga, Zona Industrial e Zona de Aviación Xeral.
  • 3 aparcadoiros:
    • Xeral (P1): 3000 prazas.
    • Exprés (< 30 minutos): 37 prazas.
    • Longa estancia (P2).

Accesos editar

 
Terminal de pasaxeiros

Ao aeroporto pódese acceder desde a cidade de Bilbao de tres xeitos diferentes:

  • En autobús: liña A3247 de Bizkaibus, conecta a cidade (centro e estación de autobuses Termibús) co aeroporto cada 20 minutos, cunha duración da viaxe de 15 minutos, circulando por autovía.
  • En Taxi: tarifa segundo taxímetro, tarda uns 10-15 minutos.
  • En turismo: polos túneles de Artxanda chégase ao centro nun tempo similar.
  • En tren: Prevese realizar unha liña de metro ou proximidades que conecte o centro de Bilbao co aeroporto en 5 min a través dun túnel escavado baixo o Monte Artxanda. En principio finalizarase en 2012.

Aeroliñas e destinos editar

Aeroliñas Destinos
Aer Lingus Dublín
Air Europa Gran Canaria, Lanzarote, Madrid, Palma de Mallorca, Tenerife-Norte
Estacional: Menorca, Alacant, Almería, Eivisa, Málaga, Valencia, Barcelona
Air France
operado por HOP!
París-Charles de Gaulle
British Airways Londres-Heathrow
Brussels Airlines Bruxelas
Czech Airlines Estacional: Praga[3]
easyJet Bristol, Edimburgo, Londres-Stansted, Manchester
Estacional: Milán-Malpensa, París-Charles de Gaulle
easyJet Switzerland Estacional: Xenebra
Eurowings Düsseldorf
Eurowings
operado por Germanwings
Stuttgart
Iberia Madrid
Iberia
operado por Air Nostrum
Alacant, Santiago de Compostela, Valencia, Vigo
Estacional: Madeira
Israir Airlines Estacional: Tel Aviv-Ben Gurion
KLM Ámsterdam
KLM
operado por KLM Cityhopper
Ámsterdam
Lufthansa Frankfurt, Múnic
Norwegian Air Shuttle Barcelona (remata en outubro de 2017)[4]
Estacional: Oslo-Gardermoen, Tenerife-Sur
Royal Air Maroc Casablanca
Swiss International Air Lines
operado por Swiss Global Air Lines
Zúric
TAP Portugal
operado por TAP Express
Lisboa
Turkish Airlines Istanbul-Atatürk
Volotea Sevilla
Estacional: Eivisa, Palma de Mallorca, Venecia
Vueling Alacant, Ámsterdam, Barcelona, Fuerteventura, Granada (comeza en decembro de 2017), Gran Canaria, Eivisa, Lanzarote, Londres-Gatwick, Málaga, Menorca, París-Orly, Palma de Mallorca, Roma-Fiumicino, Sevilla, Valencia, Tenerife-Norte
Estacional: Berlín-Tegel, Bucarest, Milán-Malpensa

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 
  2. El País (ed.). "¿Cuáles son los aeropuertos con más beneficios y más pérdidas de España?". Consultado o 20 de outubro de 2017. 
  3. Routes Online (ed.). "CSA Czech Airlines Expands Service in S15". Consultado o 5 de setembro de 2017. 
  4. El Correo (ed.). "Norwegian dinamita el puente aéreo entre Bilbao y Barcelona y pincha la burbuja del bajo coste". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2017. Consultado o 5 de setembro de 2017.