Aeroporto Internacional Matecaña

aeroporto

O Aeroporto Internacional Matecaña (código IATA: PEI, código OACI: SKPE) é un aeroporto internacional que serve á cidade de Pereira, departamento de Risaralda, tamén a toda a rexión do eixo cafeteiro e Norte del Valle, en Colombia. En caso de emerxencia é o aeroporto alternativo ó das cidades de Armenia, Cartago e Manizales, igualmente serve como alterno para os aeroportos El Dorado de Bogotá, Alfonso Bonilla Aragón de Cali e José María Córdova de Medellín. Ten operación rexional, nacional e internacional. Foi construído entre 1944 e 1946 e foi aberto ó público o 7 de agosto de 1947. Posúe unha dependencia de carga totalmente nova en substitución da orixinal construída en 1978, como parte do actual proceso de remodelación da terminal aérea.

Aeroporto Internacional Matecaño
Aeropuerto Matecaña

IATA: PEI – ICAO: SKPE
Sumario
Operador Aerocivil
Cidade/Illa Pereira e eixo cafeteiro
Localización Pereira
Elevación (msnm) 1 401 metros / 4 476 pés
Coordenadas Coordenadas: 4°48′45″N 75°44′22″O / 4.8125, -75.739444444444
Web Páxina oficial
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
08/26

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar