Un aeróstato[1] é unha aeronave non propulsada que se serve do principio de Arquimedes para voar. Os aeróstatos están compostos por unha bolsa que encerra unha masa de gas máis lixeiro có aire. Na parte inferior desta bolsa adoita ir unha estrutura sólida denominada barquela ou ben calquera tipo de corpo, por exemplo, un sensor.

Globo aerostático de aire quente.
Dirixible

Os aeróstatos capaces de realizar voos horizontais denomínanse dirixibles, mentres que a expresión globo se reserva para os tipos sen propulsión que se moven polas correntes de ar.[2][3]

Historia editar

 
Primeira demostración pública en Annonay.

O primeiro voo público dun aeróstato foi obra dos irmáns Montgolfier e realizouse o 5 de xuño de 1783 en Annonay, o globo confeccionase con lenzo, arame, madeira e papel colado e tiña 11 metros de diámetro, enchido de fume procedente da combustión de palla mollada e la, tras cortarlle as amarras subiu ata 1600 ou 2000 metros, ó cabo de dez minutos comezou a baixar aterrando con suavidade dous quilómetros máis aló de onde saíra. O 27 de agosto repetiuse a exhibición no Campo de Marte, en París, desta vez o globo confeccionouse con tafetán engomado e goma elástica. O 19 de setembro na exhibición que se realizou diante o Palacio Real de Versalles coa presenza dos reis engadíuselle un cesto de vimbio no cal ían un año, un galo e un pato, todos sobreviviron ao lanzamento, foi o paso previo para que se lanzase un aeróstato tripulado, foi Jean-François Pilâtre de Rozier o primeiro en intentalo o 15 de outubro, repetíndoo con público o día 17 e posteriormente o día 21 de forma máis oficial foi acompañado polo marqués d'Arlandes. Estes primeiros globos vanse substituír por globos de gas, o primeiro construírono Jacques e Robert Charles, fixeron o primeiro voo o 1 de decembro en presenza dos reis, conseguindo navegar durante dúas horas.

Usos máis comúns editar

  • Aeronavegación deportiva, turística e lúdica.
  • Meteoroloxía
  • Anuncios publicitarios.

Clasificación editar

Segundo o tipo de bolsa os globos poden clasificarse en:

  • Abertos ou pechados.
  • Ríxidos ou elásticos.
  • Con ou sen quentamento.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aeróstato.
  2. Wragg, D.; Historical dictionary of aviation, History Press (2008).
  3. Ege, Lennart A. T.; Munson, Kenneth (1973). Balloons and airships, 1783–1973: editor of the English edition Kenneth Munson (en inglés). Blandford Press. p. 11. ISBN 9780713705683. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar