Adriaan van Maanen

astrónomo neerlandés

Adriaan van Maanen, nado o 31 de marzo de 1884 en Snits e finado o 26 de xaneiro de 1946 en Pasadena foi un astrónomo neerlandés-estadounidense.

Adriaan van Maanen
Nacemento31 de marzo de 1884 e 1884
Lugar de nacementoSnits
Falecemento26 de xaneiro de 1946 e 1946
Lugar de falecementoPasadena
NacionalidadeReino dos Países Baixos e Estados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Utrecht
Ocupaciónastrónomo e escritor de non ficción
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Van Maanen naceu nunha familia acomodada de Frisia, estudou astronomía na Universidade de Utrecht e logo traballou brevemente na Universidade de Groninga. En 1911 marchou aos Estados Unidos onde traballou como voluntario no Obsrevatorio Yerkes, ao ano seguinte foi traballar ao Observatorio Mount Wilson e alí permaneceu activo ata a súa morte en 1946. Especializouse na medición do movemento estelar e a determinación das paralaxes co gran reflector de 60 polgadas. Mediu os movementos astrométicos internos en varias galaxias espirais, que supoñían que tales obxectos eran sistemas constituídos por gas e estrelas no interior da Vía Láctea, pero as súas medicións entraron en contradición coas realizadas por Edwin Hubble para a Gran Nebulosa de Andromeda.[1]. En 1935 determinouse que a medición de Hubble era correcta e a de van Maanen incorrecta. A van Maanen tamén se debe o descubrimento da Estrela de Van Maanen.

Notas editar

  1. E. P. Hubble, "Angular Rotations of Spiral Nebulae," Astrophysical fournal,. 81(1935):334-35