Adonis Morón Silva

político galego

Adonis Morón Silva, nado en Santiago de Compostela cara a 1899, foi un político galego.

Infotaula de personaAdonis Morón Silva
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor em Wikidata (124/125 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosBibiano Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Funcionario do Concello de Santiago de Compostela, foi nomeado axente executivo de arbitrios en 1936. En 1933 foi nomeado delegado da Federación Española de Boxeo en Santiago de Compostela.[1] Foi presidente da Comisión de Instrución do Centro Federal de Santiago en xaneiro de 1933. Foi membro da comisión organizadora do Partido Sindicalista que se constituíu en Compostela en marzo de 1935,[2] e elixido vogal na directiva en maio. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e permaneceu agochado na súa casa ata que foi descuberto nun rexistro e detido o 22 de xullo de 1937.[3] Foi xulgado por rebelión militar en consello de guerra o 19 de agosto de 1937 e condenado a pena de morte.[4][5] Indultado en marzo de 1938 por ser subdito cubano,[6] a sentenza foi conmutada por cadea perpetua. A Comisión Provincial de Incautación de Bens abríulle expediente de responsabilidade civil en abril de 1938.[7] Abríronlle expediente por responsabilidades políticas en 1942.[8] Preso na Prisión Central de Santa Isa­bel, concedéronlle a liberdade provisional en 1943.[9] Cesado como funcionario, traballou de escribente de documentos e cartas para quen o precisase.

Vida persoal editar

Foi pai de Bibiano Adonis Morón Giménez.

Notas editar

  1. La Libertad, 28-9-1933, p. 8.
  2. El Pueblo Gallego, 27-3-1935, p. 9.
  3. El Compostelano, 22-7-1937, p. 2.
  4. El Eco de Santiago, 19-8-1937, p. 2.
  5. La Voz de Galicia, 20-8-1937, p. 5.
  6. El Compostelano, 9-3-1938, p. 2.
  7. BOP da Coruña, 5-4-1938, p. 2.
  8. BOE, 20-8-1942, p. 3296.
  9. BOE, 18-8-1943, p. 8026.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar