Adonis é un deus grego que simboliza a morte e a renovación da natureza, sendo unha das figuras máis complexas dos tempos clásicos. A figura de Adonis está baseada case totalmente no deus semita Tammuz, relacionado co termo hebreo Adonaï (o meu señor).

Infotaula de personaAdonis

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Άδωνις Editar o valor em Wikidata
Biografía
Causa da morteMorte non natural Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCaza Editar o valor em Wikidata
CelebraciónRelixión da Grecia antiga Editar o valor em Wikidata
Patrón deBeleza e desejo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaAfrodita
Perséfone Editar o valor em Wikidata
FillosBéroe (pt) Traducir
 () Afrodita
Golgos (pt) Traducir
 () Afrodita Editar o valor em Wikidata
PaisCíniras (pt) Traducir, Theias (en) Traducir e Fénix (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Esmirna (pt) Traducir e Alphesiboea (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsEsmirna (pt) Traducir, Braesia (en) Traducir, Laogore (en) Traducir e Orsedice (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Afrodita por medio dun meigallo fixo que Mirra tivese relacións incestuosas con seu pai, Tías, rei de Asiria. Cando o rei o descubriu tratou de matar a filla cun coitelo, e os deuses para o evitar converteron a Mirra nunha árbore de mirra. Desta árbore xermolou Adonis, confirmando a súa natureza como deus da vexetación.

Segundo a versión de Apolodoro, Adonis era fillo de Ciniras, rei de Chipre e Metharne, e segundo Hesíodo era o fillo de Fénix.

Unha vez nado Adonis, Afrodita meteuno nun cofre e levouno baixo a súa á, confiando a súa crianza a Perséfone. Cando Afrodita o reclamou, Perséfone negouse a devolvelo, prendada da súa beleza. Zeus decidiu que Adonis debería pasar catro meses con Afrodita, catro con Perséfone e catro meses con quen elixise; Adonis sempre elixiu a Afrodita por ser Perséfona a deusa máis fría do baixomundo.

Durante unha xornada de caza con Afrodita, un xabaril (enviado por Ares) atacouno, e do seu sangue naceron unhas flores chamadas anemones; cando Afrodita foi socorrelo feriuse cunhas silvas e as pingas do seu sangue transformáronse nunhas flores semellantes á rosa, denominadas adonis.

Lingua editar

Na fala coloquial, cando alguén (normalmente un home e non unha muller) destaca pola súa beleza, compárase con este deus: Está feito un Adonis.